Forno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forno nunha pintura de Millet.

Un forno é un dispositivo que xera calor e que o mantén dentro dun compartimento pechado. Utilízase xeralmente na cociña para quentar, cocer ou secar alimentos.

A enerxía calorífica utilizada para alimentar un forno pode ser suplida directamente por combustión (leña, gas), radiación (luz solar), ou indirectamente por medio de electricidade (forno eléctrico).

Tipos de fornos[editar | editar a fonte]

Boca dun forno de pan.
Forno en Galicia.
  • Forno de leña. Funcionan a partir de materiais forestais, o cal representa un grave risco ecolóxico na actualidade.
  • Forno de gas. Son unha boa opción xa que teñen unha cocción similar aos de leña. En canto ás implicacións ecolóxicas é aínda mellor xa que estes non mandan ao ambiente gases dunha combustión non controlada.
  • Forno eléctrico. Aínda cando os fornos eléctricos son totalmente automatizados, a cocción non é a óptima e o consumo de electricidade é alto.
  • Forno solar. O funcionamento radica no máximo aproveitamento dos recursos solares para obter enerxía calorífica. Aínda que chega a funcionar en días nubrados, os tempos de cocción son elevados.
  • Forno de microondas. Funciona mediante a xeración de ondas electromagnéticas que interaccionan coas moléculas de auga contidas nos alimentos. A interacción consiste en aproveitar as propiedades resonantes das moléculas de auga que absorben a enerxía das ondas electromagnéticas, elevando a súa temperatura.

Usos[editar | editar a fonte]

O forno convencional de cociña utilízase para fornear, cocer, quentar ou asar comida. A lista de alimentos que se preparan deste xeito inclúe a carne, o peixe, o pan, os pasteis e outras sobremesas. Nalgúns países como na cociña india adóitanse empregar abundantemente e elaboran pratos especiais que se denominan ao tandoor (ao forno).

Na industria e a artesanía cerámica utilízanse fornos para cocer, secar e endurecer arxila.

Utilízanse distintos tipos de fornos para o secado de materiais húmidos, talles como madeira, pintura sobre metal etc.

Outro tipo de fornos utilízanse para a cremación.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forno Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]