O muíño na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

Andando gana a acea, e non estando queda
Andando gana a acea, e non estando queda
  • A mazorca, no muíño; e no bolso, o diñeiriño.
  • A muller e o muíño, queren uso contino [1].
  • Ábrete, fol, pola boca, pra que en vez dunha maquía dúas che colla [2].
  • Ábrete, saco; unha maquía me debes, e dúas che agarro [2].
  • Andando gana a acea, e non estando queda [3].
  • Andando gaña o muíño, que parando está perdido.
  • As que ó muíño van, se son bonitas logo as moerán [4].
  • Auga pasada non abala muíño [5].
  • Auga pasada non moe muiño [5][6].
  • Auga que pasou non move rodicio [5].
  • Cada cal quer levala auga ó seu muíño [5].
  • Cada muíño quer a súa auga [4].
  • Cada un quer levala auga ó seu muiño, e deixar en seco o do veciño [5].
  • Cada un tira da auga pro seu muíño, inda que deixe seco o do veciño [4].
  • Cando a acea está parada, non dá proveito nin gana nada.
  • Cando vaias a misa i ó muíño non chames polo veciño.
  • Coa moa parada non gana o muiñeiro [7].
  • Con auga pasada non anda a moa [5].
  • Con auga pasada non moe o muíño [4].
  • Con quen ten muíño que coidar non te poñas a enredar [4].
  • En saco de liño non lévela fariña ó muíño [8].
  • Máis que muíño en espera val sobro na moega [4][9].
  • Mentras que a moa do muiño vai e vén, Dios dá seu ben [4].
  • Máis vale acea parada que muiñeiro amigo.
  • Moa parada non gana maquía [7].
  • Muíño parado non gana maquía [4].
  • Na acea, primeiro moe o que primeiro chega.
Nin muíño sin rodicio, nin home sin oficio.
Nin muíño sin rodicio, nin home sin oficio.
  • Nin muíño sin rodicio, nin home sin oficio [4].
  • Non creas ó que vén da acea, senón ó que volve a ela.
  • Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro [10].
  • Non vai por ese camiño a i-auga ó muíño [5].
  • O abade i o veciño moen nun mesmo muíño [11].
  • O ano que non hai pan, ou muiñeiro ou hortelán [12].
  • O cura, o sancristan, o barbeiro e o veciño, todos moen nun muíño [4].
  • O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro [10].
  • O muiñeiro, que oe e ve, non pode ser paroleiro [10].
  • O muíño treina, treina; a iauga faino treinar [4][13].
  • O que está na acea moe, e non o que vai e non volve.
  • O que pode, vai ó muiño e moe [4].
  • O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • O tolo ao monte i o cordo ao muíño.
  • Onde canta un crego, moe un muíño e ornea un burro, nunca faltará un duro.
  • Pra muiñeiro, forneiro e hortelán, non hai ano sin pan [12].
  • Quen o sábado vai ó muiño, pouca folga ten o domingo [14].
  • Se o muíño non anda, a maquía non se gana [4].
  • Us nacen pra moer, e outros pra ser moídos [11].
  • Vale máis gran de sobra na moega que muíño de espera.
  • Xa que a i-auga non vai ó muíño, vaia o muíño á i-auga [5].

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

Fun unha noite ao muíño
cun fato de nenas novas...
  • Á porta daquil muíño/ púxenme a consideirar/ as voltas que dá o rudicio/ i aínda as que ten que dar [15].
  • Ao muíño do meu amo/ eu ben lle sei o tempero:/ cando está alto, baixalo,/ e cando está baixo, erguelo [16].
  • As garelas [17] de Betanzos/ cando van para o muíño/ levan un gato esfolado/ para comer no camiño.
  • As mozas que baillan ben/ baillan todas no muíño;/ eu, como non sei beillar,/ guicho por un buratiño [18].
  • Chora, meu meniño, chora,/ ¿quen vos ha de dar a teta/ se túa nai vai no muíño/ e teu pai na leña seca?
  • Con me casar como quixen,/ e ter o ceio na casa,/ no hai noite que non me acorde/ das noites de muiñada.
  • Esta noite no muíño/ ha de haber o que ha de haber,/ as telliñas do tellado/ han de ir ó río a beber [19][20].
  • Eu non quero ser muiñeiro nin varrer o tremiñado, porque din que no outro mundo piden contas do roubado [21].
  • Fun esta noite ó muíño/ cun fato de nenas novas,/ elas todas en camisa,/ eu no medio con cirolas.
  • Fun ó muíño de baixo/ e voltei polo de riba;/ o de baixo tiña ferrollo/ i o de riba caravilla [22].
  • Fun ó muíño con Paula,/ fun ó muíño con ela,/ ela durmeu nos meus brazos/ eu dormín nos brazos dela [23].
  • Funche esta noite ó muíño,/ nunca che eu alí chegara,/ doume un abrazo unha moza/ e eu fuxín por mor da fada.
  • Irei contigo ó muíño,/ farei o que ti me mandes,/ pero contigo non quedo,/ Pepa Rosa, non te canses.
  • Meu filliño pequerrecho,/ tesouro da túa naiciña,/ durme, que inda hei de ir ó muíño/ buscar pró pan a fariña [24].
  • Meu meniño, durme, durme,/ que teño que ir ó muíño,/ teño que ir pola fariña/ para fague-lo panciño [25].
  • Miña meniña pequena,/ quen te ha de arrolar,/ tía nai vai no muíño/ e teu pai vai traballar [26].
  • Miña Virxiña do Viso/ sete anos foi muiñeira,/ tiña a palanquiña de ouro/ i a vasoira de oliveira [27].
  • Non chores meu irmauciño/ que a naíña está a chegar:/ foi pola fariña ao muíño/ e non nos ha de tardar [28].
  • Non chores meu pequeniño/ que a naiciña está a chegar:/ foi pola fariña ao muíño/ e teu pai foille asubiar [29].
  • Nunca vin ponte sin río/ nin muíño sin rodicio,/ nunca vin moza bonita/ que tivese moito xuicio.
  • O crego foi ó muíño/ co cenico na cabeza,/ escorréronlle as chinelas,/ alá vai de cu na presa [30].
  • O crego foi ó muíño/ e caeu da ponte en baixo;/ acodir ó crego, nenas,/ que vai polo río abaixo.
  • O crego foi ó muíño,/ meteu a cabeza dentro;/ sacou fariña na croa/ para face-lo formento.
  • O crego foi ó muíño,/ meteu a cabeza dentro,/ trouxo fariña na croa/ para facer o formento [31].
  • O muíño no’é muíño,/ que é a capela dos ratos/ onde se daban os bicos/ e se daban os abrazos [32].
  • O muíño rola, rola,/ i a auga faino rolare;/ as nenas do muiñeiro/ teñen ganas de casare [33].
  • O muíño troula, troula,/ a iauga faino troular,/ a filla do muiñeiro/ rabea por se casar [34].
  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira,/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [35][36].
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [35].
  • Se o crego vai no muíño/ e leva un fol e trai outro/ ¿qué ten que ver coa criada/ nin se ela pareu hai pouco?
  • Señor Alcalde Maior/ poña xustiza nos ratos,/ que fun á noite ó muíño/ e rilláronme os zapatos [37].
  • Teño muíño e moe fariña,/ teño forno e coce pan,/ teño unha muller bonita,/ xa estou feito un capitán [38].
  • Unha noite no muíño/ outra na pedra do lar;/ esta vida, queridiña,/ eu non cha podo levar [39].
  • Unha noite no muíño,/ unha noite non é nada,/ unha semaniña enteira/ esa si que é muiñada! [40][41].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. muiñeiro.
  3. Acea é un muíño de auga, sexa no río ou de mareas.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Eladio Rodríguez González, s. v. muíño.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  6. Real Academia Galega 1913, s. v. auga.
  7. 7,0 7,1 Eladio Rodríguez González, s. v. moa.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.
  9. A moega é a peza que vai sobre a moa do muíño, en forma de pirámide truncada e invertida, de madeira, na que se bota o gran para que vaia caendo na quenlla.
  10. 10,0 10,1 10,2 Eladio Rodríguez González, s. v. maquía.
  11. 11,0 11,1 Eladio Rodríguez González, s. v. moer.
  12. 12,0 12,1 Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  13. Treinar significa trepidar, tremer, unha máquina; o muíño neste caso.
  14. Eladio Rodríguez González, s. v. sábado.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 43. No orixinal: de aquil, muiño, ainda.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 254. No orixinal: muiño. Localizada na Reigosa, pero Xocas non identifica este lugar.
  17. Aplícase o alcume de garelas ás mozas desvergonzadas e atrevidas, pero tamén ás naturais de Betanzos, en xeral.
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 49. No orixinal: muiño.
  19. Fermín Bouza-Brey 1929, 157.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 77. No orixinal: muiño.
  21. O tremiñado é o piso do muíño ou do piorno.
  22. Xaquín Lorenzo Fernández, 85. No orixinal: muiño.
  23. Fermín Bouza-Brey 1929, 174.
  24. Xaquín Lorenzo Fernández, 97. No orixinal: tua.
  25. Xaquín Lorenzo Fernández, 97. No orixinal: muiño, faguelo.
  26. Fermín Bouza-Brey 1929, 199.
  27. Xaquín Lorenzo Fernández, 104. No orixinal: basoira. Refírense á ermida de Nosa Señora do Viso, na parroquia de San Vicente de Lobeira.
  28. Xaquín Lorenzo Fernández, 109. No orixinal: muiño.
  29. Xaquín Lorenzo Fernández, 109. No orixinal: muiño. Irlle a asubiar a alguén ten a intención de darlle ánimos cando anda de noite polos camiños.
  30. O cenico é un saquete ou bolsa grande, segundo Rivas Quintas. Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No orixinal: ao moíño, escorréronll’as.
  31. Fermín Bouza-Brey 1929, 195. No texto: No orixinal: ô muiño.
  32. Xaquín Lorenzo Fernández, 121. No orixinal: muiño, no-é.
  33. Xaquín Lorenzo Fernández, 121. No orixinal: muiño.
  34. Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. No texto: muiño, i-auga.
  35. 35,0 35,1 Fermín Bouza Brey 1929, 184.
  36. Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
  37. Xaquín Lorenzo Fernández, 145.
  38. Fermín Bouza-Brey, en Nós 96, 15.12.1931, 236. No orixinal: muiño.
  39. Xaquín Lorenzo Fernández, 159. No orixinal: muiño.
  40. Fermín Bouza-Brey 1929, 175. No orixinal: muiño, si.
  41. Xaquín Lorenzo Fernández, 159. No orixinal: muiño, sí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 4, xullo 1943.
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • BOUZA BREY, Fermín (colector): "Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.

Outros artigos[editar | editar a fonte]