Brian Winters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brian Winters
Posición Escolta
Dorsal 20, 32
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Nacemento 1 de marzo de 1952 (72 anos)
Queens, Nova York
Carreira
Universidade South Carolina
NBA Draft 1974 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Los Angeles Lakers
Tempadas 19741983
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     10 537
Rebotes     1 688
Asistencias     2 674
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Brian Joseph Winters, nado o 1 de marzo de 1952 en Rockaway, Queens, Nova York, é un ex xogador e adestrador de baloncesto estadounidense que disputou nove tempadas como xogador da NBA e outras tres como adestrador. Tamén dirixiu durante 3 tempadas ás Indiana Fever da WNBA. Con 1,93 metros de altura, xogaba na posición de escolta. Foi dúas veces All-Star.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Gamecocks da Universidade de Carolina do Sur. No seu primeiro ano non puido competir en torneos oficiais, segundo as normas da época. No tres restantes promedió 13,2 puntos e 4,0 rebotes por partido, cunha gran tempada sénior na que logrou 20 puntos por noite.[1]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na duodécima posición do Draft da NBA de 1974 por Los Angeles Lakers, debutando esa tempada logrando 11,7 puntos e 2,9 asistencias por partido, o que lle valeron para ser elixido no mellor quinteto de rookies.[2] Ao ano seguinte, na tempada 1975-76 foi enviado a Milwaukee Bucks xunto cos seus compañeiros Junior Bridgeman, Dave Meyers e Elmore Smith a cambio de Kareem Abdul-Jabbar.[3] Winters adaptouse rapidamente ao xogo dos Bucks, conseguindo un posto no quinteto titular, e acabando o seu primeiro ano como segundo máximo anotador do seu equipo tras Bob Dandridge,[4] gañándose ademais un posto no equipo do Oeste no All Star de 1976.[5]

Dous anos despois, na tempada 1977-78, realizaría os seus mellores números da súa carreira profesional, promediando 19,9 puntos, 4,9 asistencias e 3,1 rebotes,[6] que o situaron de novo no Partido das Estrelas.[7] Xogou durante cinco tempadas máis con Milwaukee, desempeñando nos últimos anos os labores de sexto home, para retirarse ao finalizar a tempada 1982-83 con 31 anos de idade. No total da súa traxectoria como profesional tivo unha media de 16,2 puntos, 4,1 asistencias e 2,6 rebotes por partido. Está entre os 10 primeiros da historia dos Bucks en puntos, asistencias, partidos xogados e roubos de balón. O 28 de outubro de 1983 a súa camiseta co número 32 foi retirada polo club como homenaxe á súa carreira.[8]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Tras retirarse como xogador, foi adestrador asistente da Universidade de Princeton, sendo nomeado en 1986 adestrador asistente de Lenny Wilkens en Cleveland Cavaliers, con quen estaría durante sete tempadas nos Cavs e outras dúas máis en Atlanta Hawks.[9] A súa oportunidade para ser o máximo responsable dun banco da NBA chegoulle na tempada 1995-96, cando foi nomeado adestrador principal do equipo en expansión de Vancouver Grizzlies.[10] Alí permaneceu tempada e media, tendo que enfrontarse á dificultade de levar un equipo novato nunha competición tan esixente como a NBA.

No ano 2000 firma como asistente dos Golden State Warriors, substituíndo mediada a seguinte como adestrador principal a Dave Cowens, dirixindo ao equipo durante os 59 partidos restantes da tempada.[10] O 11 de decembro de 2003 faise cargo do banco das Indiana Fever da WNBA, a liga profesional feminina,[9] equipo no que permanece até 2007, cando a directiva renuncia a prorrogar o seu contrato para a tempada seguinte.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de Winters en TDR
  2. "1974-75 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  3. Repasamos os peores traspasos xamais realizados na NBA
  4. "1975-76 Milwaukee Bucks". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  5. "1976 All-Star Game Boxscore. East 123, West 109". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  6. "1977-78 Milwaukee Bucks". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  7. "1978 All-Star Game Boxscore. East 133, West 125". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  8. Milwaukee Bucks retired numbers. 32- Brian Winters
  9. 9,0 9,1 "Coach Bio: Brian Winters". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  10. 10,0 10,1 "Brian Winters Coach Info". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  11. Fever declines options on Winters contract

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]