Drew Gooden
| Milwaukee Bucks – No. 0 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de setembro de 1981 (31 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 113 kg (250 lb) |
| Instituto | El Cerrito |
| Información da carreira | |
| Universidade | Kansas |
| NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 4
Escollido por Memphis Grizzlies |
| Carreira | dende 2002 |
| Historial de equipos | |
| Memphis Grizzlies (2002–2003) Orlando Magic (2003–2004) Cleveland Cavaliers (2004–2008) Chicago Bulls (2008–2009) Sacramento Kings (2009) San Antonio Spurs (2009) Dallas Mavericks (2009–2010) Los Angeles Clippers (2010) |
|
| Información en nba.com | |
Andrew Melvin "Drew" Gooden, nado o 24 de setembro de 1981 en Oakland, California, é un xogador profesional de baloncesto que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,08 metros xoga na posición de ala-pivote.
Índice |
Traxectoria [editar]
Instituto [editar]
Gooden xogou de pivote no Instituto El Cerrito como senior, e liderou aos Gauchos en 1999 ao campionato California Interscholastic Federation Boys Division III.
Universidade [editar]
Gooden foi un xogador dominante na Universidade de Kansas, facendo medias de 19,8 puntos e 11,4 rebotes por partido na tempada 2001-02. Foi a peza crave que levou a Kansas á Final Four, ademais de recoller varios premios individuais que lle galardoaban como o mellor universitario do ano.
NBA [editar]
Foi elixido na cuarta posición do Draft de 2002 por Memphis Grizzlies, aínda que foi traspasado a metade da súa primeira tempada na liga a Orlando Magic a cambio de Mike Miller. Na tempada 2004-05 fichou por Cleveland Cavaliers, facendo medias de 14,4 puntos e 9,2 rebotes por partido. Tras esta gran campaña, o baixada de rendemento de Gooden foi notorio, descendendo até os 10,7 puntos e 8,7 rebotes. Na súa terceira tempada cos Cavaliers non houbo síntomas de melloría, e mesmo a directiva da franquía barallou incluírlo nalgún traspaso. Ese traspaso chegou o 21 de febreiro de 2008, data na que foi enviado a Chicago Bulls nun intercambio a tres bandas entre os Bulls, os Cavaliers e Seattle Sonics.
O 19 de febreiro de 2009, Chicago Bulls traspasou a Gooden, Andrés Nocioni, Michael Ruffin e Cedric Simmons a Sacramento Kings a cambio de John Salmons e Brad Miller. Tras xogar un partido cos Kings, foi cortado o 1 de marzo e aos dous días asinou con San Antonio Spurs. En xullo de 2009 asinou como axente libre con Dallas Mavericks.
O 13 de febreiro de 2010, Gooden foi traspasado a Washington Wizards xunto con Josh Howard, James Singleton e Quinton Ross a cambio de Caron Butler, Brendan Haywood e DeShawn Stevenson. Días despois, o 17 de febreiro, Gooden foi traspasado a Os Angeles Clippers como parte dun intercambio a tres bandas; Ilgauskas, unha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič marchábanse de Cleveland Cavaliers a Washington Wizards; Antawn Jamison desde Washington a Cleveland Cavaliers; Al Thornton dos Ánxeles a Washington Wizards e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland. O 1 de xullo de 2010 asinou un contrato con Milwaukee Bucks por cinco anos e 32 millóns de dólares.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores Memphis Grizzlies
- Xogadores Orlando Magic
- Xogadores Cleveland Cavaliers
- Xogadores Chicago Bulls
- Xogadores Sacramento Kings
- Xogadores San Antonio Spurs
- Xogadores Dallas Mavericks
- Xogadores Los Angeles Clippers
- Xogadores Milwaukee Bucks
- Eleccións draft Memphis Grizzlies
- Ala-pivotes de baloncesto
- Nados en Oakland, California