Enciclopedia Galega Universal
A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con máis de 200.000 entradas[1] e 20.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel a finais da década de 1990 (hoxe está conformada por 16 tomos, cun total de 7.280 páxinas), e conta cunha versión dixital en colaboración coa editoria Ir Indo dende 2008.[2]
Índice |
[editar] Características
Contan con entradas de seu os santuarios, portos, aeroportos e principais vías de comunicación, centros turísticos, edificios e demais elementos do patrimonio arquitectónico monumental ou do patrimonio natural de especial interese en e para Galiza. Do mesmo xeito, inclúense os principais accidentes do relevo, do litoral e mais as augas continentais.
Cartografa polo miúdo as 53 comarcas galegas e os 315 concellos con más de 4.000 parroquias.
Conta cun 60% de temas universais contemplados desde a perspectiva de Galiza, e dun 40% de temas propiamente galegos.[3]
[editar] Expertos
A enciclopedia vén avaliada pola opinión de expertos en diferentes campos do saber tal que Vicente Araguas, Agustín Sixto Seco, Xosé Luís Barreiro Rivas, Andrés Torres Queiruga, Basilio Losada,Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, Clodio González Pérez, Paulino Novo e Anxo Tarrío Varela.[4]
Cabe destacar a ausencia inicial de mulleres.
[editar] Categorías
A EGU divide os seus contidos en diferentes categorías:
- Léxico xeral
- Biografías
- Xeografía
- Cartografía
- Ciencias biolóxicas
- Ciencias físicas
- Ciencias exactas
- Tecnoloxías
- Ciencias sociais e humanidades
- Lexislación
- Xurisprudencia
- Empresas e finanzas.
[editar] Notas
- ↑ Páxina inicial da EGU
- ↑ Versión 'web' da Enciclopedia Galega Universal, nova en El País o 11 de xullo de 2008.
- ↑ Características xerais EGU
- ↑ Información en xenealoxia.org
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Versión dixital da EGU
- Capitulo 298 de Ben falado, programa da TVG.