Marussia F1
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
| Nome completo | Marussia F1 Team |
|---|---|
| Bandeira coa que compite | |
| Base en | Banbury, Oxfordshire, Reino Unido |
| Xefe de Equipo | John Booth |
| Director Técnico | Nikolai Fomenko |
| Pilotos | 22. 23. |
| Pilotos de probas | |
| Chasis | MR02 |
| Motor | Cosworth |
| Pneumáticos | Pirelli P |
| Debut | Gran Premio de Australia de 2012 |
| Carreiras | 21 |
| Campionatos de Construtores | 0 |
| Campionatos de Pilotos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas Rápidas | 0 |
| Puntos totais | 0 |
| Clasificación en 2009 | 0 |
O Marussia F1 Team (o nome comercial de Manor Grand Prix Racing limitada[3]) é un equipo de Fórmula Un con sede en Banbury no Reino Unido. O equipo competirá co nome de Marussia por primeira vez na tempada de Fórmula Un de 2012, tras o cambio de nome de Virgin Racing denominación ca que competiu nas dúas tempadas anteriores. Isto é debido a que o fabricante ruso de automóbiles deportivos Marussia Motors adquiriu unha participación maioritaria no equipo a finais de 2010.[4][5] O equipo e o terceiro da Fórmula Un que compite cunha licenza Rusa, logo de Midland e Virgin.
Índice |
Historia [editar]
Antecedentes [editar]
En 2009, o Manor Grand Prix conseguiu unha praza para participar na Fórmula Un na tempada 2010, como alianza entre o equipo de carreiras Manor Motorsport e Wirth Research. Antes do final do ano nomeáronse Virgin Racing, logo de que Richard Branson propietario das empresas de Virgin Group comprara os dereitos de patrocinio. Marussia foi un dos socios do equipo na súa primeira tempada, onde terminou 12º e último no campionato de construtores. En novembro de 2010 Marussia adquiriu unha participación maioritaria no equipo, e o equipo pasou a ser coñecido como "Marussia Virgin Racing" para a tempada 2011. Logo dun decepcionante inicio da tempada 2011, o equipo separouse de Wirth Research, e entrou en relación con McLaren Applied Technologies antes da tempada 2012. O equipo trasladouse das instalacións de Wirth en Banbury, a súa base orixinal en Dinnington, en Yorkshire. Mentres tanto, o equipo acabou outra vez último no campionato de construtores. En novembro de 2011, o equipo pediu á comisión da Fórmula Un cambiar oficialmente o seu nome de construtor para a tempada de Fórmula Un de 2012. De Virgin a Marussia, para reflectir a súa nova propiedade.[6] O permiso foi concedido antes de ser ratificado formalmente nunha reunión do Consello Mundial de Automobilismo da FIA.[7]
Tempada 2012 [editar]
- Véxase tamén: [[ 2012]].
O 31 de decembro de 2011, Marussia Virgin Racing anunciou que agora se chaman Marussia F1 Team .[8] Virgin, que previamente fora o patrocinador principal do equipo, anunciou que seguira co equipo despois do cambio de nome, e os logotipos de Virgin permaneceran no coche en 2012..[9] O equipo anunciou en xullo de 2011 que Timo Glock asinara un novo contrato de tres anos co equipo.[10] A Glock uniuse para a tempada 2012 opiloto Charles Pic,[11], que pasou dous días de probas co equipo para novos pilotos en Abu Dhabi.
Antes do 29 de setembro de 2011, Marussia xa tiña un modelo a escala do 60% do seu coche para 2012 listo para o seu uso no túnel de vento de McLaren.[12] En decembro de 2011, o equipo recibira a primeira parte da coche.[13] O equipo tamén anunciou que o coche do ano 2012 será o único coche da grella en non ter KERS.[14]
Tempada 2013 [editar]
O 18 de decembro de 2012, Marussia anunciou que Max Chilton, fará o seu debut na Fórmula Un en 2013, logo de conseguir o segundo asento no equipo, converténdose no cuarto piloto diferente no equipo Marussia / Virgin.[15] Timo Glock deixou Marussia antes do comezo da tempada 2013, por "razóns comerciais".[16] Luiz Razia unirase ao equipo para a tempada 2013.[17]
Resultados Completos na Fórmula Un [editar]
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Puntos | Pos. |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2013 | Marussia MR02 | Cosworth CA2013 V8 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 10º | ||
| 15 | ||||||||||||||||||||||||||
| 17 | ||||||||||||||||||||||||||
| 2012 | Marussia MR01 | Cosworth CA2012 V8 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 11º | |
| 14 | 17 | 19 | 19 | 18 | 14 | Ret | NTS | 18 | 22 | 21 | 15 | 17 | 12 | 16 | 18 | 20 | 14 | 19 | 16 | |||||||
| 15† | 20 | 20 | Ret | Ret | Ret | 20 | 15 | 19 | 20 | 20 | 16 | 16 | 16 | Ret | 19 | 19 | Ret | 20 | 12 |
* Tempada en curso.
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Notas [editar]
- ↑ "Jules Bianchi to race". marussiaf1team.com (Marussia F1). 1 March 2013. http://www.marussiaf1team.com/news/762/. Consultado o 1 March 2013.
- ↑ "To the Max — Max Chilton will make his Formula 1 racing debut with us in 2013". marussiaf1team.com (Marussia F1). 18 December 2012. http://www.marussiaf1team.com/news/702/. Consultado o 18 December 2012.
- ↑ "Terms and Conditions". Marussia F1 Team. Manor Grand Prix Racing. http://www.marussiavirginracing.com/terms/. Consultado o 4 January 2012.
- ↑ Noble, Jonathan (11 November 2010). "Russian car maker takes stake in Virgin". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/88125. Consultado o 11 November 2010.
- ↑ Holt, Sarah (11 November 2010). "Russian supercar firm Marussia takes over Virgin Racing". BBC Sport (Yas Marina Circuit, Abu Dhabi: BBC). http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/9178539.stm. Consultado o 11 November 2010.
- ↑ Noble, Jonathan (1 November 2011). "Virgin applies for name change to become Marussia". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/95840. Consultado o 1 November 2011.
- ↑ Cooper, Adam (3 November 2011). "Caterham, Lotus and Marussia name changes approved". Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). http://adamcooperf1.com/2011/11/03/caterham-lotus-and-marussia-name-changes-approved/. Consultado o 4 November 2011.
- ↑ "11:56 PM, 31 December 2011". Twitter. Twitter, Inc.. 31 December 2011. https://twitter.com/#!/Marussia_F1Team/status/153263404486893569. Consultado o 3 January 2012.
- ↑ "Virgin staying with team after 2012 name change". Motorsport.com. Global Motorsport Media (Motorsport.com, Inc.). 3 November 2011. http://www.motorsport.com/f1/news/f1-virgin-staying-with-team-after-2012-name-change/. Consultado o 3 January 2012.
- ↑ Strang, Simon (24 July 2011). "Timo Glock has re-signed with Virgin on a new three-year deal". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/93317. Consultado o 3 January 2012.
- ↑ "Marussia Virgin Racing Completes 2012 Race Driver Line-up". Marussia Virgin Racing (Virgin Racing). 27 November 2011. http://www.marussiavirginracing.com/news/514/charles-pic-ked. Consultado o 3 January 2012.
- ↑ "No Formula 1 KERS kit or big jump for Marussia Virgin in 2012". F1SA (Formula One Supporters Association). 29 September 2011. http://www.f1sa.com/index.php?option=com_content&view=article&id=31242:f1--glock-no-formula-1-kers-kit-or-big-jump-for-marussia-virgin-in-2012&catid=1:f1&Itemid=157. Consultado o 3 January 2012.
- ↑ Noble, Jonathan (6 December 2011). "Virgin Racing team principal John Booth is upbeat about the progress his outfit can make in 2012". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/96672. Consultado o 3 January 2012.
- ↑ Dodgins, Tony (1 January 2012). "Marussia Virgin Racing". GrandPrix.com. Inside F1, Inc.. http://www.grandprix.com/ft/f12011review-virgin.html. Consultado o 3 January 2012. "In 2012, however, Virgin will be the only team on the grid without a KERS system, with HRT having extended its Williams gearbox/hydraulics agreement to include the power-boosting device."
- ↑ http://www.autosport.com/news/report.php/id/104867
- ↑ http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/21119720
- ↑ http://www.marussiaf1team.com/news/745/razia-returns