Volgogrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 55°45′N 37°37′E / 55.750°N 37.617°E / 55.750; 37.617

Volgogrado
Волгоград (en ruso)
FlagVolgograd.svg Coat of arms of Volgograd city.svg
VLG collage.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Rusia (Europa)
Volgogrado
Volgogrado
País Rusia Rusia
'
Xeografía
Altitude 12 a 156 msnm
Superficie 859,353 km² km²
Poboación
Poboación 1.017.985 hab. (2014)
Densidade 1184,59 hab./km²
Información
Código postal 400001 - 400138
Alcalde Román Grebennikov
Páxina web www.volgadmin.ru Páxina Oficial

Volgogrado (en ruso, Волгоград; Volgograd Ru-Volgograd.ogg /vɐlɡəˈɡrat/ ) é unha cidade situada na Federación Rusa e antigamente chamada Tsaritsyn entre 1598 e 1925 e Stalingrado entre 1925 e 1961. Está situada no óblast homónimo, na confluencia dos ríos Volga e Tsaritsa. As súas orixes remóntanse á creación dun centro de apoio ao comercio fluvial nas marxes altas do río Volga e para establecer unha cidade fronteiriza na o norte do Cáucaso. Alcanzou a fama e o recoñecemento mundial por ser sitio dunha das máis cruentas batallas da Segunda Guerra Mundial, a batalla de Stalingrado, na cal soldados soviéticos resistiron heroicamente os intentos de conquista por parte das forzas nazis entre xuño de 1942 e febreiro de 1943, a un altísimo custo de vidas humanas.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade en 1623

Fundada en 1589 co nome de Tsaritsyn que foi tomado do río Tsaritsa (do tártaro Sary Su, Auga Amarela). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos cosacos en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do Volga.

Durante a Guerra Civil rusa a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser Stalin quen a conquistou para o Exército Vermello nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.

Durante a Segunda Guerra Mundial (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia[Cómpre referencia], a batalla de Stalingrado. Esta foi un episodio decisivo na Segunda Guerra Mundial tanto para o sostemento da resistencia da Unión Soviética contra o Exército de Adolf Hitler, como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.

A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "Cidade Heroica" en 1945, ademais recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, dunha espada especialmente confeccionada ao efecto por orde do rei do Reino Unido Xurxo VI. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamado Mamaev Kurgan, no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, talles como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da película Inimigo ás portas.

Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal[Cómpre referencia].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volgogrado