Valentina Tereshkova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo con Valentina Tereshkova, 1963, URSS.

Valentina Vladimirovna Tereshkova ou en cirílico Валенти́на Влади́мировна Терешко́ва, nada o 6 de marzo de 1937, foi a primeira muller en porse en órbita no espazo exterior. Astronauta da Unión Soviética, viaxou a bordo do Vostok 6 o 16 de xuño de 1963.

[editar] Traxectoria

Naceu en Bolshoye Maslennikovo, unha pequena vila do Yaroslavl Oblast. Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o 21 de maio de 1959.

Casou en novembro de 1963 co tamén cosmonauta Andrián Grigórievich Nikoláyev co que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982.

No ano 1961 foi secretaria do Komsomol (Liga Xove Comunista) e despois, membro do Partido Comunista da Unión Soviética.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas