Nave espacial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha nave espacial é un vehículo deseñado para funcionar alén da superficie terrestre, no espazo exterior. As naves espaciais poden ser robóticas ou sondas non tripuladas. A que poden transportar persoas posúen equipos para que os astronautas coman, se exerciten, e fagan as súas necesidades diarias. A nave espacial é un dos elementos primarios da ciencia ficción. Hai moitos contos e novelas que tratan temas relacionados coas naves espaciais.