Ganso campestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ganso campestre
Anser fabalis

Anser fabalis adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anátidos
Xénero: Anser
Especie: A. fabalis
Nome binomial
Anser fabalis
(Latham, 1787)
Área de distribución de Anser fabalis En verde: área de reprodución En azul: residente
Área de distribución de Anser fabalis
En verde: área de reprodución
En azul: residente

Área de distribución de Anser fabalis
En verde: área de reprodución
En azul: residente
Subespecies
Vexase o texto
Sinonimia
Vexase o texto
Gansos campestres en voo.
Ganso da taiga (Anser fabalis sensu stricto) ao fondo, ganso da tundra (Anser serrirostris) en primeiro plano e ganso gris (Anser anser) á dereita, en Spaarndam, Holanda Setentrional, Países Baixos

Anser fabalis é unha especie de ave da orde das anseriformes e familia dos anátidos, unha das 11 comprendidas no xénero Anser.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1760 polo médico e naturalista inglés, especializado en ornitoloxía, John Latham, baixo o nome de Anas fabalis.[2][3]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Anser, está tomado do latín anser, -eris, "ganso".[4]

O epíteto específico, fabalis, deriva do latín faba, -ae, "faba".[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Anas fabalis Latham, 1787 (protónimo)
  • Anas segetum Gmelin, 1789
  • Anser fabilis (Latham, 1787)
  • Anser segetum (Gmelin)

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense na actualidade as seguintes subespecies:[2][6]

  • Anser fabalis fabalis (Latham, 1787)
  • Anser fabalis johanseni Delacour, 1951
  • Anser fabalis middendorffii Severtzov, 1873
  • Anser fabalis rossicus Buturlin, 1933
  • Anser fabalis serrirostris Swinhoe, 1871

Características[editar | editar a fonte]

A súa lonxitude varía de 68 a 90 cm, a envergadura alar oscila entre 140 e 174 cm, e o peso, de 1,7 a 4 kg. Na subespecie Anser fabalis fabalis, os machos pesan de media 3,2 kg e as femias 2,84 kg. O pico é negro na base e na punta, cunha banda laranxa no medio; as patas e os pés son de cor laranxa brillante.[7]

As cobertoras alares superiores son de cor marrón escura, como no ganso de fronte branca (Anser albifrons) e no ganso de fronte branca menor (Anser erythropus), pero diferenciándose destes por ter estreitas franxas brancas nas plumas.

A voz é un bocinazo forte, agudo nas subespecies máis pequenas.

Anas brachyrhynchus, moi emparentado, ten o pico curto, de cor rosa brillante no medio, e os pés tamén rosados, sendo as capas das ás superiores case da mesma gris azulada que no ganso gris. En tamaño e estrutura de pico, é moi similar a Anser fabalis rosicus

Distribución[editar | editar a fonte]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntase de herba, cereais e raíces en campos arados; por iso está moi ligado ás zonas agrarias.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Ovos.

Aniña no chan, nun burato cuberto por plumas en explanadas abertas ou en claros de bosque.

Pon unha única niñada de 4 a 6 ovos polo mes de xuño.

Cría no norte de Escandinavia, e en Siberia, en charcas da tundra.

No inverno adoita asentarse nos arredores do mar do Norte.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Trátase dun ganso gregario que adoita regresar ós mesmo lugares de descanso, en lagos e campos de cultivo. É común velo formando bandadas.

Posúe un canto tipo trompeta, de dúas sílabas ou tres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Anser fabalis na Lista vermella da UICN. Consultada o 30 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Anser fabalis (Latham, 1787) no GBIF. Consultado o 30 de outubro de 2022.
  3. Anser fabalis (Latham, 1787) na BioLib. Consultada o 30 de outubro de 2022.
  4. Anser no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, pp. 48, 157.
  6. Anser fabalis (Latham, 1787) no ITIS. Consultado o 30 de outubro de 2022.
  7. Dunning, John B. Jr., ed. (1992): CRC Handbook of Avian Body Masses. Boca Raton, Florida, EE. UU.: CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]