Anseriformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anseriformes
Woodduck95.jpg
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familias

Anseriformes é unha orde de aves acuáticas que contén 161 especies distribuídas por 48 xéneros e 4 familias, Anatidae, Anhimidae, Anseranatidae e Dendrocygnidae. Os anatidae inclúen animais como o pato, o ganso e o cisne e distribúense pola totalidade dos continentes, mentres que os anhimidae están restrinxidos a América do Sur.

As aves anseriformes habitan zonas acuáticas continentais como lagos, pantanos, ríos e esteiros, porén algunhas especies migran a zonas costeiras durante a época de reprodución. Son aves que en canto ó seu tamaño varía entre os 30 e 180 cm de envergadura, e cun peso entre os 200 gr e 20 kg. A plumaxe destas aves é moi variada, mentres algunhas especies son monocromáticas outras ofrecen unha multitude de cores, salientando a dos machos. As crías dos anseriformes son moi precoces e nacen cos ollos abertos e deseguido nadan. Estas aves teñen membranas interdixitais nas patas, como unha adaptación ao medio acuático. Os anseriformes son aves omnívoras que se alimentan de follas, froitos e raíces de plantas terrestres e acuáticas, e tamén de insectos, larvas e pequenos crustáceos. Moitas das especies de anseriformes son migratorias.

O grupo inclúe algunhas especies domesticadas polo home para explotación cárnica, de plumón ou ovos. Moitas especies son consideradas especialidades gastronómicas ou cinexéticas.

Os primeiros rexistros de anseriformes no rexistro xeolóxico xorden no Eoceno de América do Norte, tendo os seus predecesores evolutivos vivido no Paleoceno. O grupo diversificouse aínda máis no Mioceno.

O IUCN lista 51 especies de anseriformes ameazadas ou en perigo de extinción. Desde principios do século XX xa se rexistrou a desaparición de cinco especies, como por exemplo o pato de Labrador. As principais causas de perigo para o grupo son a caza intensiva, a perda do habitat e competencia con outras especies introducidas polo home.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]