Galego exterior
Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas zonas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833 (aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza) e, polo tanto, non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, coa Fala de Estremadura sendo unha póla separada do tronco galego-portugués.
Estas falas situadas ao oriente da Galiza administrativa tamén reciben outros nomes como “galego estremeiro” ou “galego da franxa exterior”.
Estas falas organízanse xeograficamente en:
- Terra Eo-Navia (Asturias), arredor de 40.000 persoas
- O Bierzo baixo (León)
- As Portelas (Zamora), arredor de 1.000 persoas
- Val de Xálima (Cáceres), arredor de 4.500 persoas
Véxase tamén [editar]
- Concellos galegofalantes de Asturias, Castela e León e Estremadura
- Galego de Asturias
- Galicia estremeira
- Galego oriental
- Áreas lingüísticas do galego
Ligazóns externas [editar]
- Descrición do galego exterior polo lingüista Xavier Frias
- Asociación Berciana da Lingua Xarmenta
- O Bierzo hoxe: O galego na encrucillada, n.º 169 da revista Grial
- Sumario de Grial n.º 169 (2006)
- A lingua galega no Bierzo hoxe, no n.º 183 da revista Grial
- Sumario de Grial n.º 183 (2009)
- Vídeo gravado en 2009 sobre a situación da lingua galega no ensino do Bierzo
- Vídeo sobre os IV Premios Xarmenta