Galego oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agrúpanse no galego oriental as falas do galego situadas xeograficamente máis ao leste e que teñen como características os seguintes fenómenos lingüísticos:

  • Falas moi conservadoras, mantendo algunhas características medievais hai tempo desaparecidas no resto de Galiza (vogais nasais nos Ancares).
  • Sistema tónico con oito vogais, as sete do galego común máis un [a] palatal.
  • Plurais de palabras terminadas en -an -en -on > -ais -eis -ois: pantalón-pantalois.
  • Conservación dos ditongos latinos qua e gua: cuatro, guardar.

Extensión[editar | editar a fonte]

O galego oriental é falado en:

División[editar | editar a fonte]

Divídese en cinco áreas que, á súa vez, divídinse en subáreas:

  • Asturiana (Eonaviego): comprende a maior parte da Terra Eo-Navia galegofalante e unha pequena parte de Galicia. Divídese en dúas subáreas:
    • A Veiga-Os Oscos-Ibias
    • Salave-Coaña-Boal
  • Ancaresa: comprende unha pequena parte do norte da comarca do Bierzo.
  • Zamorana: comprende a zona das Portelas e unha estreita franxa galega coa que limita. Divídese en dúas subáreas:
    • O Porto
    • A Mezquita-Lubián (comprende as microáreas de A Mezquita e Lubián-Hermisede)
  • Oriental-central: comprende unha larga franxa galega oriental, a maioría da comarca do Bierzo galegofalante e unha pequena parte da Terra Eo-Navia. Divídese en dúas subáreas:
    • A Fonsagrada-O Courel-O Bierzo (comprende as microáreas de A Fonsagrada-Cervantes, O Courel e O Bierzo)
    • Valdeorras-Viana (comprende as microáreas de Valdeorras e O Bolo-Viana)
  • Cacereña (Fala de Estremadura): fálase no Val do río Ellas, en Cáceres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Multimedia: o galego do Bierzo
Fálame sempre, capítulo un
Fálame sempre, capítulo dous
Fálame sempre, capítulo tres