Main Tower

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Main Tower
Edificio
TipoOficinas comerciais
EstiloArquitectura posmoderna
Custo700 millóns de marcos alemáns
EnderezoNeue Mainzer Straße 52-58
LocalizaciónFrankfurt, Hessen, Alemaña Alemaña
Coordenadas50°06′45″N 8°40′20″L / 50.1125, 8.6722222222222Coordenadas: 50°06′45″N 8°40′20″L / 50.1125, 8.6722222222222
Construción
Inicio18 de outubro de 1996
Rematemarzo de 1999
Dimensións
Superficie101 705 m²
Altura máxima240 m
Altura da azotea200 m
Plantas56
Número de ascensores27
Equipo
Arquitecto(s)Schweger + Partner
ContratistaHochtief e Philipp Holzmann
editar datos en Wikidata ]

A Main Tower é un rañaceos que se atopa no centro da cidade de Frankfurt, no estado alemán de Hessen. Recibe o seu nome do río Main, que atravesa Frankfurt. A súa altura máxima é de 240 metros (200 sen contar a súa antena). É o cuarto edificio máis alto de Alemaña e de Frankfurt, empatado co Tower 185. Tamén é o único rañaceos da cidade que conta cun observatorio de acceso público.

A estrutura componse de dúas torres conectadas. A máis pequena ten forma de prisma e un deseño típico de edificios da década de 1970. A meirande ten forma circular cunha fachada de cristal azul.


Panorámica de Frankfurt dende a Main Tower.

Panorámica de Frankfurt dende a Main Tower.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]