Dado Pršo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dado Pršo
Información persoal
Nome completo Miladin Pršo
Nacemento 5 de novembro de 1974 (39 anos)
Lugar Zadar, RFS de Iugoslavia
Altura 1,90 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1981–1983 Bagat
1983–1986 Zadar
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1992 Zadar 47 (8)
1992–1993 Pazinka 25 (7)
1993–1995 Rouen 10 (1)
1995–1996 Fréjus 18 (7)
1996–2004 Monaco 101 (28)
1997–1999 Ajaccio (cedido) 52 (21)
2004–2007 Rangers 94 (31)
Total 348 (103)
Selección nacional
2003–2006 Croacia 32 (9)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Miladin "Dado" Pršo, nado en Zadar o 5 de novembro de 1974, é un ex futbolista croata. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección croata. Antes de dedicarse profesionalmente ó fútbol, traballaba coma mecánico en Croacia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dado Pršo debuta co NK Zadar no fútbol profesional, no ano 1991. Pouco despois marcha ó Hajduk Split e ó NK Pazinka sen causar un grande impacto.

En 1993 vaise a vivir a Francia, adicándose a outros traballos mentres xoga en clubs modestos coma distracción, coma o FC Rouen e o San Raphael.

En 1996 o Mónaco fíchao, e adícase a xogar no equipo de reservas. Foi cedido ao club italiano AC Ajaccio onde deu un moi bo rendemento o que fixo que á súa volta ao club francés en 1999 fora tomado máis en conta polos técnicos. Ese mesmo ano foi campión da Liga Francesa de Fútbol.

A mellor tempada de Prso no Mónaco foi a 2003-2004, cando se proclamaron subcampións da Liga de campións, perdendo na final contra o Porto FC. Durante as eliminatorias anotou catro goles na vitoria por 8-3 contra o Deportivo da Coruña.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Participou en dúas grandes competicións coa Selección croata: A Eurocopa de Fútbol 2004 en Portugal e o Mundial de Fútbol Alemaña 2006.

En ámbalas dúas foi titular indiscutible, mais a escadra non foi quen de supera-la primeira rolda en ningunha ocasión. Na Eurocopa anotou un gol contra a Francia nun disputado empate a dous goles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]