David Trézéguet
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | David Sergio Trezeguet | ||
| Nacemento | 15 de outubro de 1977 (34 anos) | ||
| Lugar | Rouen, Francia | ||
| Altura | 1,90 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1991–1993 | Platense | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1993–1995 | Platense | 5 | (0) |
| 1995–2000 | Monaco | 93 | (52) |
| 2000–2010 | Juventus | 245 | (138) |
| 2010–2011 | Hércules | 30 | (12) |
| Selección nacional | |||
| 1997 | Francia sub-21 | 5 | (5) |
| 1998–2008 | Francia | 71 | (34) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 15 de maio de 2011. † Aparicións (Goles) |
|||
David Sergio Trezeguet, nado en Rouen o 15 de outubro de 1977, é un futbolista francés. Xogou anteriormente dez anos no Juventus FC e tamén para a selección francesa de fútbol. É o máximo anotador da Juventus de fóra de Italia. Anotou o gol de ouro na final da Eurocopa do 2000 contra a selección italiana, que lle daba a vitoria a Francia por 2-1 na prórroga.
[editar] Traxectoria
Trezeguet comezou xogando para o Club Atlético Platense na primeira división arxentina. Despois, xogou 5 anos no AS Monaco da Ligue 1. No ano 2000, asinaría polo Juventus FC, club onde estivo 10 anos, e onde gañou 4 ligas, 2 copas de Italia, 2 supercopas, e foi finalista da UEFA Champions League no 2003 contra o AC Milan.
En 2010, asinou polo Hércules CF, onde anotou 12 goles en 31 partidos. O Hércules descendeu á Liga Adelante, e Trezeguet deixou o equipo ao rematar a tempada.