Esquerda Unida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquerda Unida
Partido político Esquerda Unida
Ano fundación 1986
Ideoloxía Esquerda, Comunismo, Eurocomunismo, Republicanismo, Federalismo, Ecoloxismo, Galeguismo
Ideoloxía respecto a Europa Europeísta
Membro de PEE (Partido da Esquerda Europea) IU (Izquierda Unida)
Ámbito Galiza
Sede nacional Dublín, 8 baixo drta, Santiago de Compostela
Líderes Yolanda Díaz
Web do partido www.esquerdaunida.org

Esquerda Unida é unha forza política, constitúe a federación galega de Izquierda Unida. Conta con 14 concelleiros repartidos por Galiza (Viveiro, Ferrol, Mugardos, Vilagarcía, O Grove ...). Nas eleccións xerais de 2004 tivo 31.908 votos (1'74%).

Formada no ano 1986, á calor das mobilizacións contra a OTAN, como coalición electoral formada polo PCG, PASOC, IR, PCPG e independentes. Transfórmase no ano 1989 en movemento político e social. O seu primeiro Coordinador Xeral foi Anxo Guerreiro.

No ano 1995 prodúcese a incorporación de Esquerda Galega, antigo PSG-EG con quen formaran coalición nas eleccións Xerais e autonómicas de 1993. Nese ano, acada os seus mellores resultados electorais nas eleccións municipais, cabendo subliñar a obtención de tres concelleiros nas cidades de Lugo e Ferrol.

En 1997 unha parte da organización encabezada polo Coordinador Xeral, Anxo Guerreiro (apoiado dende Madrid polo PDNI), contra a decisión adoptada na conferencia nacional, decide coligarse co PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas. Un grupo da organización encabezados polo concelleiro lugués Carlos Dafonte e o Secretario Xeral do PCG Manuel Peña-Rey celebran unha asemblea na que deciden manter a relación con IU federal e concorrer ás eleccións autonómicas como Izquierda Unida (a xunta electoral impediu o uso do nome Esquerda Unida), elixindo a Manuel Peña-Rey coma Coordinador Xeral.

Posteriormente, o grupo que decidiú participar có PSdeG-PSOE, transformaríase en Esquerda de Galicia e os tribunais concederíanlle á federación galega de IU o uso do nome Esquerda Unida.

Hoxe en día, Esquerda de Galicia xa non existe e estase a producir a reintegración de moitos membros de dita organización en EU-IU.

Na Asemblea Nacional de 2000 foi elixido Coordinador Xeral Carlos Dafonte, Secretario Xeral do PCG, que dimitiu no ano 2001.

Na Asemblea Nacional da organización no 2003, foi elixida coordinadora nacional de EU-IU a concelleira en Mugardos Pilar Díaz, que logo dun ano presentou a súa dimisión, forzada pola falta de apoio de quen a acompañaron na súa candidatura.

Manifestación de Esquerda Unida en Santiago de Compostela.

Tralo cal, fíxose cargo da organización unha comisión xestora, encargada de levar a organización a unha nova asemblea de conxuntura que tivo lugar no 2005 e no que foi elixida coordinadora nacional a concelleiro ferrolá Yolanda Díaz.

Nas eleccións autonómicas do 2005 a candidatura encabezada por Yolanda Díaz, acadou uns 12.000 votos (0.8%), consolidándose como 4 forza política de Galiza.

Eleccións Municipais[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais do 1987, obtivo 14 concelleiros, 1 Vilagarcia, 4 O Grove,

Nas eleccións municipais do 1991, obtivo 18 concelleiros

Nas eleccións municipais do 1995, obtivo 30 concelleiros en coalicion con Esquerda Galega

Nas eleccións municipais do 1999, obtivo 7 concelleiros, 2 en Fene, 2 A Guarda, 2 Neda, 1 Mugardos.

Nas eleccións municipais do 2003, obtivo 11 concelleiros, 2 en Ferrol, 2 O grove, 2 Neda, 1 Vilagracia de arousa, 1 Fene, 1 mugardos, 2 mais na provincia de pontevedra e 1 provincia de lugo.

Nas eleccións municipais do 2007, obtivo 14 concelleiros, 4 en Ferrol, 3 Vilagracia de arousa, 1 O grove, 1 en Fene, 1 en Mugardos,1 en Neda. 2 mais na provincia da coruña e 1 provincia de lugo, con grandes subas en Ferrol e Vilagarcía. En Ferrol formou goberno có PSOE, porén en Vilagarcía non tiveron éxito as negociacións con PSOE e BNG, así que deixando a estes dous partidos nun goberno en minoría, Esquerda Unida decidiu quedar na oposición. En O Grove participa na coalición de goberno xunto ao PSOE, BNG e Partido Galeguista

Nas eleccións municipais do 2011, obtivo 14 concelleiros, deles 11 na provincia da Coruña e 3 na de Pontevedra. Por cidades 2 en Ferrol, e 1 na Coruña.

Coordinadores xerais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]