Esquerra Unida i Alternativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquerra Unida i Alternativa
Partido político Esquerra Unida i Alternativa (EUiA)
Ano fundación 1998
Ideoloxía Socialista , Comunista e Catalanista
Ideoloxía respecto a Europa antiglobalización
Membro de Partido da Esquerda Europea,
Ámbito Cataluña
Sede central C/ Doctor Aiguader 10, 08003 Barcelona
Coordinador Xeral Jordi Miralles i Conte
Afiliados 4000
Web www.euia.cat

Esquerra Unida i Alternativa (EUiA) é un partido político de Cataluña. Defínense como movemento político e social nacional, catalán e republicano, federal, anticapitalista e solidario no que se concentran forzas políticas sociais e persoas de esquerdas.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

En coalición con ICV-EUiA a partir do 2003[editar | editar a fonte]

Evolución do voto de ICV-EUiA

Nas eleccións xerais de 2004, a coalición obtivo 234.790 votos (5,84%), o que se traduciu en dous escanos, ambos para ICV e por Barcelona (o número tres por Barcelona, de EUiA, non obtivo escano). As eleccións de 2008 supuxeron un sensíbel retroceso, coa perda de máis de 50.000 votos e un escano (181.753 votos, 4,93%).

Nas eleccións ao Senado, como parte da Entesa Catalana de Progrés, EUiA non conseguiu representación nas eleccións de 2008, pero sí por designación do Parlamento de Cataluña en decembro de 2006: Josep Nuet.

Eleccións anteriores en solitario[editar | editar a fonte]

Eleccións e data
Votos
%
Deputados (d)
Concelleiros (c)
Municipais , Xuño 1999 57.698 1,98 35 c.
Parlamento europeo, Xuño 1999 58.977 2,05 1 d.
Eleccións Autonómicas, Outubro 1999 44.454 1,42 -
Congreso dos Deputados, 2000 75.091 2,23 -

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]