Eva Solla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEva Solla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eva Solla Fernández Editar o valor em Wikidata
1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Coordinadora nacional de Esquerda Unida
3 de xuño de 2017 –
← Yolanda Díaz
Deputada do Parlamento de Galicia
21 de outubro de 2016 –
Q81278750 Traducir
4 de outubro de 2014 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Unida Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: eva_solla Telegram: evasolla Editar o valor em Wikidata

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

É militante de Esquerda Unida[1] e do Partido Comunista de Galicia[2]. Foi deputada de En Marea no Parlamento de Galicia [3] e, dende 2016, Vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia. Posteriormente, foi deputada do Grupo Parlamentario Común da Esquerda, constituído en setembro de 2019[4] .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de primaria no CEIP Canicouba, e de secundaria no IES Santa Irene. Diplomouse en enfermaría na Escola Universitaria do Meixoeiro. Traballou como enfermeira no Servizo Galego de Saúde.

É responsable da Secretaría de Organización de Esquerda Unida na Comarca de Vigo. En 2012 foi candidata de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. O 4 de outubro de 2014 foi elixida Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia (a primeira muller na historia do PCG en dito cargo) no XIII Congreso do PCG co 95% dos votos dos delegados.[2]

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea. Dende o 21 de outubro de 2016 é Vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia.[3]

O 3 de xuño de 2017 foi elixida Coordinadora Nacional de Esquerda Unida na XII Asemblea Nacional de EU co 100% dos votos emitidos,[5] relevando así a Yolanda Díaz tras 12 anos no cargo. En dita Asemblea acordáronse unha serie de resolucións que representan a "esencia" do ideario de Esquerda Unida como organización que "defende a clase traballadora mediante a aplicación de políticas de esquerda, rompedora e transformadora". Solla declarou apostar por recuperar o traballo de rúa, nos movementos sociais e co resto de colectivos agredidos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Eva Solla, nueva coordinadora nacional de Esquerda Unida, aboga por "recuperar el trabajo de calle" (en castelán). 3 de xuño de 2017. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Eva Solla, nova secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia". Galicia Confidencial. 5 de outubro de 2014. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "A nova oposición galega pecha o primeiro acordo da lexislatura". Praza.gal. 19 de outubro de 2016. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  4. Galicia, Parlamento de. "Composición: Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda". Parlamento de Galicia. Consultado o 2020-02-24. 
  5. "Eva Solla, nueva coordinadora nacional de Esquerda Unida, aboga por "recuperar el trabajo de calle"". Consultado o 04/06/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]