Partido Democrático de la Nueva Izquierda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PDNI»)

O Partido Democrático de la Nueva Izquierda (PDNI) foi un partido español de esquerdas xurdido como unha corrente interna de Izquierda Unida co nome de Nueva Izquierda que se transformou en partido en 1997 ao ser expulsada da coalición.

Por mor da dura política de oposición ao goberno socialista de Felipe González que efectuaba o coordinador xeral de IU, Julio Anguita, provocou que un sector da coalición partidario dun maior diálogo co PSOE, unha maior crítica ao Partido Popular e un reforzamento das bases da coalición constituira unha corrente interna que se enfrontou coa dirección da coalición e que acabou sendo sancionada e finalmente deixou a coalición en setembro de 1997 para constituír o seu propio partido político, o PDNI, o cal en 1999 chegou a un acordo electoral co PSOE para concorrer ás eleccións conxuntamente, o que permitiu que o PDNI tivese arredor de 20 parlamentarios autonómicos, 3 deputados no Congreso dos Deputados e 2 no Parlamento Europeo ademais de 300 concelleiros. En marzo de 2001 o PDNI acordou integrarse no PSOE. Os seus principais dirixentes foron Diego López Garrido e Cristina Almeida.