Esquerda de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquerda de Galicia
Dirixentes e organización
LíderAnxo Guerreiro
Historia
Fundación1998 (Escisión de Esquerda Unida)
Disolución2002
Posicións políticas
IdeoloxíaEurocomunismo
Republicanismo
Federalismo
Ecosocialismo

Esquerda de Galicia foi un partido político galego de esquerdas formado en 1997.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1997 unha parte de Esquerda Unida encabezada polo coordinador xeral, Anxo Guerreiro (apoiado dende Madrid polo PDNI), decidiu coligarse co PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas, pacto que foi aprobado por ampla maioría no seu consello nacional o 24 de maio.[1]

Acudiron ás eleccións autonómicas de 1997 en coalición co PSdeG, obtendo dous deputados (Anxo Guerreiro e Xosé Manuel Pazos). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida (minoritaria) que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).

Posteriormente, o grupo que decidiu participar có PSdeG-PSOE, transformouse en Esquerda de Galicia e os tribunais concederíanlle á federación galega de IU o uso do nome Esquerda Unida.

Nas eleccións de 2001, o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e moitos membros da organización reintegráronse en EU-IU.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guerreiro no espera «represalias» de Anguita por ir con el PSOE a los comicios", La Voz de Galicia, 25-5-1997, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]