Mediastino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mediastino

O mediastino é a zona central ampla que separa as dúas cavidades pleurais situadas lateralmente. Esténdese dende o esterno ata as vértebras e dende a apertura torácica superior ata o músculo diafragma.

Características[editar | editar a fonte]

O mediastino contén o timo, o pericardio, corazón, traquea e as arterias e veas principais. O mediastino serve coma vía de paso a estruturas tales coma esófago, conduto torácico e diversos compoñentes do sistema nervioso cando atravesan o tórax de camiño ao abdome.

O mediastino divídese en mediastino superior e mediastino inferior, que queda dividido polo pericardio en anterior, posterior e medio. A área por diante do pericardio e por detrás do esterno, é o mediastino anterior.

Divisións[editar | editar a fonte]

Mediastino medio[editar | editar a fonte]

O mediastino medio sitúase centralmente na cavidade torácica. Contén o pericardio, corazón e numerosos vasos sanguíneos.

Mediastino superior[editar | editar a fonte]

O mediastino superior atópase por detrás do esterno e por diante da columna vertebral. O seu límite superior é un plano oblicuo que vai da escotadura xugular cara arriba e posterior ao bordo superior da primeira vértebra torácica. O límite inferior constitúeo un eixo transversal que vai dende o ángulo esternal ata o disco intervertebral entre a cuarta e quinta vértebra torácica. Lateralmente atópanse as dúas pleuras parietais.

O mediastino superior contén:

Mediastino posterior[editar | editar a fonte]

O mediastino posterior áchase por detrás do pericardio e ao músculo diafragma, e por diante da columna vertebral. O límite superior é un plano transversal que vai dende o ángulo esternal ata o disco intervertebral entre T4 e T5. O límite inferior é o músculo diafragma. Lateralmente áchanse as pleuras pulmonares.

O mediastino posterior contén:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Netter, Atlas de anatomía humana.
  • Gray, Anatomía para estudiantes (en castelán)