Aorta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema da aorta
Corte da aorta de porco amosando a saída dalgunhas arterias.

A aorta é a arteria de maior calibre. Sae do ventrículo esquerdo, ascende formando un arco e despois descende pegada á columna vertebral por detrás do corazón. Atravesa o diafragma (hiato aórtico do diafragma) na parte máis posterior deste músculo. A partir de entón denominarase aorta abdominal. Ó longo do seu traxecto dá numerosas ramas. Termina nas arterias ilíacas comúns.

Arco da aorta[editar | editar a fonte]

Sae do ventrículo esquerdo como tronco aórtico. Dá ademais dúas ramas que irrigan o corazón, as chamadas arterias coronarias. Fura o pericardio e ascende. A continuación constitúe un arco e descende por detrás do corazón, formado o arco aórtico.

Aa aorta dá varias ramas. No lado esquerdo dá lugar á carótide común esquerda e á arteria subclavia esquerda, mentres que no lado dereito dá lugar ó tronco arterial braquiocefálico dereito, que despois se dividirá en arteria subclavia dereita e carótide común dereita. Estas son as maiores ramas da aorta ascendente e arco aórtico. Hai tamén pequenos ramos como as arterias bronquiais e as arterias tiroideas inferiores, así como as arterias tímicas.

Aorta descendente torácica[editar | editar a fonte]

Pasa por detrás do corazón dando ramas intercostais. Achégase á parte anterior dos corpos vertebrais.

Aorta abdominal[editar | editar a fonte]

Unha vez a aorta pasa a través do diafragma, chámase aorta abdominal. Neste punto dá como ramas algunhas arterias diafragmáticas, coma a inferior esquerda, que irriga o esófago. A aorta abdominal dá como ramos colaterais:

As ramas terminais son as arterias ilíacas comúns.