Eduardo II de Inglaterra
Eduardo II de Inglaterra, Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda, naceu no castelo de Carnavon, en Gales, o 25 de abril do 1284, sendo o único fillo home supervivente de Eduardo I de Inglaterra e de Leonor de Castilla.
O 7 de febreiro de 1301, foi proclamado como o primeiro príncipe de Gales, ao someter Eduardo I dito territorio.
Á morte do seu pai, o 8 de xullo de 1307, sucédeo no trono. Casou na cidade francesa de Bolougne, o 25 de xaneiro de 1308, con Isabel de Francia, filla do rei Filipe IV o Fermoso, e coñecida co sobrenome de "A Loba".
De este matrimonio naceron catro fillos:
- Eduardo, nado no castelo de Windsor o 13 de novembro de 1312 e falecido no pazo Sheen, Surrey, 21 de xuño do 1377), sucesor do seu pai no trono.
- Xoán, nado no pazo de Eltham o 15 de agosto de 1316 e falecido en Perth (Escocia) o 14 de setembro de 1336), creado conde de Cornualles en 1328.
- Leonor, nada no pazo de Woodstock o 8 de xuño de 1318 e falecida na abadía de Deventer o 22 de abril do 1355), casada con Reinaldo II, duque de Güeldres e conde de Züthpen.
- Xoana, nada na Torre de Londres o 5 de xullo do 1321 e falecida no castelo de Hertford o 7 de setembro de 1362), casada con David II, rei de Escocia.
O seu goberno estivo marcado pola súa debilidade de carácter, as rebelións dos nobres, o reforzo do poder no Parlamento, as intrigas e sublevacións orixinadas pola súa propia esposa Isabel, e, de acordo a algúns historiadores, ás súas inclinacións homosexuais, favorecendo sobre todo aos Despencer pai e fillo, e a Piers Gaveston, o que causou finalmente que a nobreza, dirixida pola raíña Isabel e o seu amante, Sir Roger Mortimer, ademais de axudados polo Papa Xoan XXII, organizaron dende Francia, a onde fuxiran, a rebelión total e invasión de Inglaterra.
Derrotado, o Parlamento obrígalle a abdicar en favor do seu fillo( xaneiro 1327), sendo entón encarcerado no castelo de Berkeley, onde, o 21 de setembro de 1327, é asasinado por ordes da súa raíña e Mortimer. Segundo a lenda, a súa morte foi espantosa: foi penetrado polo recto cunha espada ardente para evitar no seu corpo calquera pegada violenta, o que podería provocar a ira dos nobres. Foi sepultado na abadía dos beneditinos de Gloucester, actualmente catedral de Gloucester
| Predecesor: Eduardo I de Inglaterra |
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda 1307 - 1327 |
Sucesor: Eduardo III de Inglaterra |