Batalla de Bannockburn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°05′31″N 3°54′54″W / 56.092°N 3.915°W / 56.092; -3.915

Batalla de Bannockburn
Parte de Primeira Guerra de Independencia de Escocia
Battle of Bannockburn.jpg
Esta imaxe do Scotichronicon(c.1440) é a primeira representación coñecida da batalla. O Rei Roberto I empuñando un machado e Eduardo II fuxindo cara a Stirling, mestura incidentes dos dous días da batalla.
Data 23-24 de xuño de 1314
Lugar Bannockburn, sur de Stirling, Escocia
Resultado Vitoria decisiva de Escocia
Belixerantes
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg Reino de Escocia England COA.svg Reino de Inglaterra
Líderes
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg Robert the Bruce Royal Arms of England (1198-1340).svg Eduardo II de Inglaterra
Forzas en combate
5.000[1]-10.000[2] 13.700[3]-25.000[4]
Baixas
400[5] – 4.000[6] 700 cabaleiros
4.000[7] – 11.000 de infantería[8]

A Batalla de Bannockburn foi un conflito bélico entre Escocia e Inglaterra que supuxo unha transcendental vitoria escocesa no marco das Guerras de independencia de Escocia.

As tropas de Robert the Bruce preparáranse en Bannockburn para presenciar o acordo de paz entre o entón Rei inglés e o seu Soberano escocés. Dado que a negociación fallou, os escoceses cargaron sobre os campos contra os ingleses. Nesa batalla, os ingleses saíron derrotados con numerosas baixas, dando unha enorme vitoria a Escocia, grazas á cal lograron a súa independencia.

A batalla[editar | editar a fonte]

Primeiro día[editar | editar a fonte]

Interpretación do primeiro día de batalla.

O comezo da batalla tivo lugar o día 23 cando a cabalería inglesa se lanzou contra o flanco esquerdo escocés. No fragor deste primeiro contacto entre os exércitos, Henry de Bohun viu a Robert the Bruce e dirixiuse cara el lanza en man, o que provocou unha loita entre os dous na que saíu vencedor o escocés. Logo veu un segundo ataque de 700 cabaleiros ingleses contra o centro do exército escocés. Bruce ó ver o perigo que corría a súa infantería, mandou ó seu flanco esquerdo contra os cabaleiros. Despois de momentos de confusión os ingleses retiráronse ó seu campamento e os escoceses celebraron o seu primeiro día de vitoria. Entre os capturados ingleses estaba Sir Thomas Gray, cuxo fillo escribiu Scalacronica, libro no que conta as memorias do seu pai na batalla.

Segundo día[editar | editar a fonte]

Interpretación do segundo día de batalla.

Na mañá do día 24 de xuño, Eduardo II ordenou ó conde de Gloucester que realizara unha carga xeral contra os escoceses. Porén, a carga de cabalería estrelouse contra a formación escocesa de picas comandada por Bruce. O mesmo conde de Gloucester morreu empalado polas lanzas. Ante o fracaso da carga, os cabaleiros fuxiron cara os seus postos mentres eran perseguidos pola infantería escocesa. Mentres, o rei inglés nun esforzo desesperado, mandou ós seus arqueiros que dispararan contra os escoceses, pero foron dispersados axiña pola providencial aparición da cabalería escocesa de Robert Keith. A intervención final da retagarda escocesa provocou a retirada total do exército inglés. Eduardo II tivo que fuxir a galope do campo de batalla sobre as tres da tarde do día 24. Chegou ó castelo de Dunbar, dende onde tomou un barco de volta a Inglaterra.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O monumento moderno que conmemora a batalla na chaira de Bannockburn.

Os ingleses perderon arredor da metade dos seus homes mentres que as baixas escocesas foron moitas menos. As formacións de piqueiros provocaron o principio da fin da cabalería nesta batalla.

A Primeira Guerra de Independencia de Escocia acabou con vitoria dos rebeldes contra a invasión inglesa tras esta vitoria. O rei escocés Roberto I consolidou o seu poder e recuperou a independencia de Escocia, que perdurou ata 1707.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nusbacher, Aryeh (2000). The Battle of Bannockburn 1314. Stroud: Tempus. p. 85. ISBN 0-7524-1783-5.
  2. Oman, Charles (1991) [1924]. A History of the Art of War in the Middle Ages Vol. II. London: Greenhill Books. p. 88. ISBN 1-85367-105-3.
  3. Armstrong, Pete (2002). Bannockburn. Botley, Oxford: Osprey Publishing. p. 43. ISBN 1-85532-609-4.
  4. Grant, R.G. (2008), Battle: A visual journey through 5,000 years of combat, DK Publishing,p.118.
  5. Sadler, John, Scottish Battles, (Biddles Ltd., 1998), 52–54.
  6. Grant, 118.
  7. Sadler, 52.
  8. Reese, p.174

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]