Carlos IV de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos IV

Carlos IV, nado en Clermont o 18/19 de xuño de 1294 e finado en Vincennes o 1 de febreiro de 1328, alcumado o Fermoso (francés: le Bel) foi conde de Champagne, rei de Navarra (como Carlos I) e rei de Francia, o derradeiro da liña directa Capeta, desde 1322 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos foi o terceiro fillo de Filipe IV. Desde 1323 tivo que facer fronte á revolta campesiña en Flandres e, en 1324, foi sen éxito candidato á monarquía electiva xermánica. Como duque de Aquitania, Eduardo II de Inglaterra foi vasalo de Carlos, pero este se negou a render homenaxe a outro rei, e como consecuencia estoupou a coñecida como Guerra de San Sardos (1324) durante a que Carlos conquistou o ducado pero no tratado de paz, Eduardo II aceptou xurar lealdade e pagar un tributo, como consecuencia, Carlos devolveulle o ducado pero cun territorio máis reducido.

Á morte de Carlos IV sen herdeiro masculino, quedou extinguida a liña directa da dinastía dos Capetos, sucedéndolle o seu primo Filipe de Valois, pero a súa lexitimidade cuestionada foi unha das causas que conduciron á Guerra dos Cen Anos.