Roger Mortimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración dun manuscrito do século XIV mostrando a Roger Mortimer e a raíña Sabela de Inglaterra no primeiro plano.

Sir Roger Mortimer, nado o 25 de abril de 1287 e falecido en Londres o 29 de novembro de 1330, foi o oitavo home de Wigmore.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primoxénito de Roger Mortimer e Margarida de Fiennes, lugartenente do rei Eduardo II de Inglaterra e gran xuíz de Irlanda(1231- 1321). Foi encerrado polo rei na Torre de Londres e sería o primeiro prisioneiro que logrou evadirse de ela. Refuxiouse en Francia, con Roberto III de Artois, conde de Beuaumont-le-Roger, e namorou á raíña Sabela de Inglaterra,[1] filla de Filipe o Fermoso e muller do rei Eduardo, cando esta foi a Francia a firmar o tratado de paz co seu irmán, o rei Carlos IV o Fermoso.

Mortimer, apoiado por Isabel, encabezou unha rebelión que destronou a Eduardo II e mandouno asasinar o 21 de setembro de 1327, no castelo de Berkeley, apoiado de novo pola súa amante, a raíña Isabel, Adam Orleton, bispo de hereford e Tesoureiro de Inglaterra e polo Parlamento.

Trala morte de Eduardo II, Mortimer converteuse en rexente ata a maioría de idade do fillo do primeiro coa raíña Isabel, Eduardo III de Inglaterra, herdeiro ao trono. Mortimer foi nomeado Conde de March en 1328, e obrigou a Eduardo a nomealo par do reino. En 1329 mandou decapitar ao irmán de Eduardo II, Edmundo, conde de Kent, e gañou o desprezo de seu fillastro. Foi arrestado por Eduardo III e condenado polo Parlamento; sería aforcado nos Common Gallows, no cadafalso de Tyburn, Londres.

Mortimer casou con Xoana de Longueville, doncela da raíña Isabel. Con esta, se ben nunca casaron, o seu amor foi o máis famoso do século.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Born 1287? died Nov. 29, 1330, Tyburn, near London, Eng. Lover of the English king Edward II's queen, Isabella of France, Encyclopædia Britannica.