Operabase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Operabase
Tipobase de datos en liña e sitio web
Data de fundación1996
Na rede
https://www.operabase.com
Facebook: operabase Twitter: Operabase_ Instagram: operabaseglobal Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Operabase é unha base de datos on-line de interpretacións de ópera, teatros e compañías de ópera, os propios intérpretes así como os seus agentes. Operabase, que se pode atopar en operabase.com, é propiedade e é operada por Operabase Ltd, unha empresa localizada en Luton, Inglaterra. O sitio web naceu en 1996 como afección de Mike Gibb, converténdose na súa ocupación a tempo completo tres anos despois.[1] A base de datos é actualmente operada por Gibb e Muriel Denzler, quen proporcionan servizos aos profesionais de ópera por unha tarifa, aínda que o sitio pode ser consultado por calquera usuario sen cargo ningún.

Sinalouse por Gibb e Denzler nun artigo no sitio web da organización do servizo de ópera europea, opera-europe.org (unha organización similar a aquelas que existen nos Estados Unidos e o Canadá, OPERA America e Opera.ca) que proporcionan servizos especializados aos profesionais da ópera, incluíndo no sitio web "ferramentas de cásting, discos de artistas, detalles de administración, información de producións". Mais eles poñen énfase en que "o sitio foi orixinalmente creado para o público en xeral, que aínda proporcionan o 96% dos seus usuarios".[2] Operabase "é internacional na súa esencia; a súa información abrangue Australia e Eindhoven e está traducida a diversos idiomas."[1]

Para o seu décimo aniversario, o sitio recibiu "arredor de 10 000 visitantes por día ao sitio público, que miran arredor de catro millóns de páxinas ao mes. Destes, menos da metade empregan o inglés, o 17% o alemán, 12% o italiano, 10% o francés, 9% o castelán."[2]

Un novo trazo compara cinco tempadas de ópera, da 2005/06 á 2009/10. Esta é sección "Statistics", que permite a usuarios investigar o número total de interpretacións por país; per cápita por país; polo número de interpretacións en cada cidade; por clasificacións de 1.005 compositores (con Giuseppe Verdi no alto da lista con 2.259 interpretacións das súas óperas); por compositores modernos; polas clasificacións de 60 compositoras con Kaija Saariaho tendo 15 representacións da súa obra; e, finalmente, polo número de óperas interpretadas (2.153), coa lista dominada polas 451 representacións de Die Zauberflöte de Mozart, seguida a pouca distancia por La traviata de Verdi con 447.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Higgins, The Guardian (Londres)
  2. 2,0 2,1 Mike Gibb y Muriel Denzler, "Operabase's 10th Anniversary" en opera-europa.org
  3. The Operabase Statistics section

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]