Edgar Degas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Degas»)
Hilaire-Germain-Edgar de Gas
Nacemento19 de xullo de 1834
 París
Falecemento27 de setembro de 1917
 París
NacionalidadeFrancia
EidoPintura, Escultura, Debuxo
MovementoImpresionismo
Na rede
Musicbrainz: f12aed12-2a2c-47e4-9747-71d292fb82ff Discogs: 2243041 WikiTree: De_Gas-1 Find a Grave: 2324 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edgar Hilaire Germain de Gas ou Edgar Degas (París, 19 de xullo de 1834París, 27 de setembro de 1917) foi un pintor e escultor francés coñecido polas súas pinturas, de carácter impresionista, e é igualmente lembrado polos seus traballos en gravado. Moitos dos seus traballos consérvanse na actualidade no Museo de Orsay, na cidade de París, onde o artista naceu e faleceu.

Biografía[editar | editar a fonte]

Xuventude[editar | editar a fonte]

A orixe e formación de Edgar Degas xamais suxeriría que fose a ser un revolucionario, chegando a satirizar e reformular as percepcións visuais das persoas do seu tempo. Nado no berce dunha familia da alta-burguesía. O seu pai, René Auguste de Gas, era o xerente da sucursal do banco napolitano que pertencía á familia.

Retrato da familia Bellelli, 1860, Museo de Orsay

Aos once anos, os seus pais ingresárono nun bo colexio, da alta sociedade da época, máis, ao inscribirse no Lycee Louis Le Grand, comezou a perseguir un soño chamado «Arte». Con dezaoito anos formou un atelier na mansión dos seus pais, onde consebiu algúns dos mellores traballos do inicio da súa carreira. Na escola non pintaba moito xa que tiña ben presente a a súa posición social, lembrándolle constantemente os seus pais que era un aristócrata. Cansado, saíu do liceo aos vinte anos de idade con outros planos na mente distintos dos que tiñan os seus pais para el.

Xunto con Louis Lamothe comezou os estudos de deseño. Foi este artista quen lle serviu de conselleiro durante os primeiros anos da súa carreira e o que lle fixo florecer o seu gusto por Ingres. Nos anos vindeiros Degas foi admitido na École des Beaux-Arts, en París.

Entusiasmado, emprendeu unha viaxe a Italia onde tomou contacto coas obras de Rafael Sanzio, Leonardo da Vinci, Miguelanxo, Andrea Mantegna - chegando mesmo a facer un cadro cuxo título era «A cruxifición de Mantegna» - entre outros artistas da Renacemento.

Cabalos de carreira nunha paisaxe, 1894, Museo Thyssen-Bornemisza
Cabalos de carreiras, 1866-1868, Museo de Orsay
Paisaxe, 1869 - 1870
A bañeira, 1886, Museo de Orsay
Prima Ballerina ou A primeira bailarina 1878, Museo de Orsay

Despois da súa longa visita a Italia, onde non se abstén de estudar e até mesmo copiar as obras dos máis distintos pintores do Renacemento italiano, Degas regresou a París. Enfasiado pola arte renacentista e barroca, pasou a ir frecuentemente ao Museo do Louvre, onde estudou as obras de pintores de toda a Europa, Nicolas Poussin, Ingres, Leonardo da Vinci, Hans Memling, Tiziano, Anton van Dyck, Joshua Reynolds, Hubert Robert, John Constable e outros mestres. Durante esta viaxe concibiu un dos seus mellores traballos: o Retrato da familia Bellelli. Cadro cuxa preparación lle roubou máis de dous meses, tendo bosquexos de tódolos membros da familia aristócrata italiana. Nesta pintura Degas describiu extraordinariamente o carácter psicolóxico da baronesa, o cal contrasta visibelmente co do barón. No cadro a baronesa mira por unha xanela que soamente se sabe que alí está debido ao espello, en pose burguesa. O barón, máis vello que a dona, mira encarecidamente á sobriña sentada. A par deste cadro, non se cansou de retratar ós membros da súa familia, incluíndo o seu avó, Hilaire Germain de Gas, o patriarca da familia De Gas.

De volta a París, coa soberbia arrogancia de quen trabou coñecemento do gran Gustave Moreau, visitou varias veces o Museo do Louvre, onde estudou concisamente a obra de Delacroix e de Ingres. Este último era, por así dicir, «idolatrado» por Degas. Con todo isto, coñeceu un home que se converterías nun grande amigo e que o marcaria até ao final dos seus días: Edouard Manet.

Carreira artística[editar | editar a fonte]

As pinturas deste período, copias das obras dos precedentes pintores ou inspiradas nas obras dos mesmos, comezarán a encarar o éxito e serán aceptadas no Salon. Degas era recoñecido como un convencional e ecléctico pintor parisiense de Salon.

En 1870, a vida de Degas sofre unha mudanza co estoupido da Guerra franco-prusiana. Na guerra, onde se enfrontan dúas das maiores potencias europeas - agora en declive - Degas serve na artillaría da Garda Nacional, na defensa de París. Xunto a el estaba Henri Rouart. Neste tempo os dous ficarán instalados na casa duns amigos da familia De Gas (ou, abreviadamente, Degas), de nome Valpiçon. Foi aquí, en Ménil-Hubert, na Normandía, onde Degas traballou no Retrato da xove Hortense Valpiçon. O cadro revela unha asimetría semellante a A dama dos crisantemos, que, á súa vez, retrata a nai de Hortense, a famosa Madame Valpiçon. Esta tempada caracterizouse polo maior interese da aristocracia pola pintura histórica.

Trala Guerra - e para descansar - Degas retírase en Nova Orleáns, vía Londres, como o seu irmán René (que tiña o mesmo nome que o pai), onde o tío estaba emigrado e mantiña un negocio de algodón. Alí conceviu un gran número de traballos antes de retornar a París, entre os que destacan A Bolsa de algodón de Nova Orleáns, O pedicuro ( un dos estudos da vida cotiá proferidos por Degas) e Negociantes de algodón en Nova Orleáns. No ano 1873 despois de permanecer preto de cinco meses nos Estados Unidos, volve á súa cidade.

Despois de tantos anos dedicado á pintura Degas busca experimentar unha nova ocupación. Grazas á súa favorable posición social, Degas ten acceso ás máis contemporáneas tecnoloxías e modas. Recentemente inventada, a fotografía tamén atraeu ao francés. Mais por pouco tempo. De opinión conservadora, digna dun verdadeiro aristócrata, Edgar Degas reinventouse como coleccionista de arte e comprou varios traballos de Paul Gauguin, Van Gogh e Paul Cézanne, o que amosa a súa tendencia polos tons vivos e fortes e a «forza» que estes exercen sobre si, creando unha colección de gran valor hoxe en día.

Como xa foi dito explicitamente, Degas gozou dunha grande estabilidade monetaria. Gozando dela até 1874, cando morre o seu pai. Tendo herdado algúns bens, Degas viuse na obrigación de vender a súa colección de arte. Pese a isto, non deixou os seus luxos, incluíndo ós criados, ós cales retrataba a miúdo.

En 1874, trala morte do seu pai, Degas precisaba de axuda para a realización dunha exposición onde puidese exhibir as súas pinturas. A exposición, pensada dun xeito sinxelo, críase que ía a pasar desapercibida, mais non foi así, converténdose na Primeira Exposición Impresionista, onde Degas se presentou con traballos como Nas carreiras e Cabalos de carreiras. Ámbalas dúas obras están hoxe exhibidas en museos: a primeira no Museum of Fine Arts, en Boston, e a segunda no Museu de Orsay, en París. Degas e os restantes impresionistas protagonizaron sete exposicións máis, a derradeira en 1886. Degas participou en todas, sen excepción. Na maioría delas, Degas foi alí incluído grazas ao seu amigo Manet, o seu «amigo rival».

Estas exposicións axudaron a muda-la concepción da arte na sociedade, renovando as persoas a súa visión da arte, gañando importancia aquelas pinturas que a «boa sociedade» tiña como imprudentes, escandalosas (as de Edouard Manet) e até mesmo inmorais e revolucionarias. De feito, os impresionistas foron moi revolucionarios: revolucionando o o xeito conservador de ver a arte, mudando a visión naturalista que as persoas tiñan do mundo, dando os primeiros pasos cara ao comezo da Arte Moderna.

Apesares do conservacionismo de Degas ao longo da súa vida, as transformacións sufridas por el, tal como a maioría dos outros impresionistas, virían, de feito, a transformarse na «alavanca» do Modernismo.

Estilo artístico[editar | editar a fonte]

Degas é considerado vulgarmente como un dos impresionistas, aínda que esta información sexa un erro, xa que o autor nunca adaptou as súas cores ás propostas polos impresionistas Monet e Boudin, chegando a desaproba-los. Degas mesturaba o estilo impresionista - inspirado en Manet - con inspiracións conservadoras, cos seus alicerces no Renacemento italiano e no Realismo francés. A semellanza de moitos artistas - desta época ou doutras, véxase Matisse, que viviu posteriormente -, inspirouse moito nas odaliscas de Ingres.

Na primeira exhibición impresionista, Degas constaba na lista dos que alí tiñan obras expostas. As súas obras reunían unha gama de influencias bastas e sen ninguna semellanza, onde sobresaían os gravados xaponeses e os torneados humanos de Ingres. Cabe destacar, que o público non se sorprendera tanto cos cadros de Degas como cos de Monet, por exemplo. Xa que a xente non se espantaba tanto coas súas pinturas; máis delicadas, e sen a agresividade que se vía noutros traballos, lembrando á pintura histórica, ós grandes mestres italianos e ó encanto dos franceses do setecento.

Degas pasou á posteridade polos seus cadros de bailarinas, cabalos, retratos de familia - dos cales o máis coñecido é Retrato da Familia Bellelli - ou individuais (por exemplo, o Retrato de Edmond Duranty), escenas da vida cotiá (como A bañeira), paisaxes e da burguesía de Nova Orleáns. Tamén se adicou a pintar as tensións maritais, entre o home e a muller.

Na década de 1860, Degas adquire finalmente o estilo que o convertería en famoso e diferente dos seus compañeiros: a pintura histórica. Apesares diso, non deixou de continuar a pintar as cenas de ópera e concertos, mulleres e finalmente, as bailarinas, as cales lle deran ao pintor certo renome. Desta serie que perdurou ao longo do final do seu glorioso percorrido artístico, as máis famosas pintura son, sen dúbida, A primeira bailarina e A aula de danza. Nestes traballos o francés aplicouse vivamente nas cores vibrantes, que vigorarán vulgarmente ao longo da súa vida. Porén, durante este período os seus traballos tornaranse moito máis expresivos, e alarmantes. Véxase o caso do primeiro. A bailarina semella voar e o ambiente en torno a ela é inspirador e implacable. Un cadro vivo, obra prima incuestionable.

É imposible esquecer Músicos da Ópera, unha verdadeira escena saída dun conto literario. Unha característica interesante na pintura de Degas é o feito de conceder a cada personaxe dos seus traballos unha atmosfera rechamante e ecléctica que fai que estas semellen reais, móbiles, tocábles e inexplicables. Degas era, incontestalebmente, un mestre da pintura. Músicos da Ópera non escapa da regra.

Nesta época era frecuente emprega-lo pastel, durante a década de 1870 era aínda máis frecuente na súa pintura a óleo.

Debido á súa brillante técnica, hoxe, as pinturas de Edgar Degas son das máis procuradas polos mercadores de todo o mundo. No 2004 un traballoo de Degas de nome As carreiras no Bois de Boulogne foi vendido na Sotheby's pola cantía de preto de 10 millóns de Euros, xunto con O tomateiro, de Pablo Picasso e dalgúns outros traballos do seu eterno «amigo rival» Edouard Manet.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Réné de Gas co tinteiro (1855), Smith College, Museum of Art, Northampton.
  • Xoves espartanas provocando ós rapaces (1860), National Gallery, Londres.
  • A familia Bellelli (1860-62)
  • Semíramis construíndo Babilonia (1861), Galerie nationale du Jeu de Paume, París.
  • Carreiras de cabalos. Antes da saída (1862)
  • Escena de guerra na Idade Media (1865).
  • Os músicos da orquestra (1868), Jeu de Paume, París.
  • A bolsa de algodón en Nova Orleáns (1872)
  • O foyer da danza na Ópera (1872)
  • A muller do floreiro (1872), Jeu de Paume, París.
  • O Conde Lepic na Praza da Concordia ou Vicomte Lepic atravesando a Place de la Concorde (1873)
  • Cabalos de carreiras (1874)
  • Ensaio de ballet (1874).
  • O asente (L'absinthe) (1876).
  • Fin do arabesco (1876-77)
  • Mulleres na terraza (1877)
  • A no circo Fernando (1879), National Gallery, Londres.
  • Nas carreiras, ante as tribunas (h. 1879), Museo de Orsay, París
  • Bailarinas azuis (1890)
  • A taza de té (h. 1894), Tate, Londres.
  • Bailarinas rusas, (h. 1895), Museo Nacional de Estocolmo

Ademais dos seus cadros, Degas deixou unha ampla obra gráfica: debuxos, gravados e monotipos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]