Claude Monet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado o 14 de novembro de 1840 e finado o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés.
[editar] Traxectoria
Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, Camille Pissarro, Alfred Sisley e Pierre Auguste Renoir sitúanse ó marxe de calquera remedo das tendencias precedente e realizan unha nova pintura, que un crítico denominou despectivamente impresionismo, inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, Impresión: Sol nacente.
Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estrictamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xurden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga, que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en Argenteuil (1872-1878).
|
|
||
|---|---|---|
| Creadores |
Frédéric Bazille · Eugène Boudin · Gustave Caillebotte · Mary Cassatt · Paul Cézanne · Edgar Degas · Armand Guillaumin · Édouard Manet · Claude Monet · Berthe Morisot · Camille Pissarro · Pierre-Auguste Renoir · Alfred Sisley |
|
| Mecenas | ||
| Comerciantes | ||
| Outros artistas |
nos EEUU: Frederick Carl Frieseke · Childe Hassam · Willard Metcalf · Lilla Cabot Perry · Theodore Robinson · John Henry Twachtman · J. Alden Weir
noutros lugares: Lovis Corinth · Max Liebermann · Max Slevogt · Konstantin Korovin · Valentin Serov · Francisco Oller y Cestero · Laura Muntz Lyall · Władysław Podkowiński · Nazmi Ziya Güran · Chafik Charobim |
|
| Impresionismo noutras artes |
||
| Véxase tamén Postimpresionismo | ||