Mary Cassatt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary Stevenson Cassatt
Autorretrato 1878
Nacemento22 de maio de 1844, 22 de maio de 1845 e 1845
 Allegheny
Falecemento14 de xuño de 1926 e 1926
 Le Mesnil-Théribus
Nacionalidadeamericana
EidoPintura, Debuxo, Gravado
MovementoImpresionismo
TraballosO baño da mañá (1886)
Nai alimentando ao fillo (1898)
Influenciado porXaponismo, Pintores impresionistas
Na rede
Discogs: 2622210 WikiTree: Cassatt-5 Find a Grave: 8090 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mary Stevenson Cassatt nada o 22 de maio de 1844 en Allegheny, (Pensilvania) e finada o 14 de xuño de 1926 en Le Mesnil-Théribus, (Francia), foi unha pintora e gravadora americana. Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde estableceu unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas.

Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Cassatt naceu en Allegheny City, Pensilvania, parte actual da cidade de Pittsburgh. Mary naceu no seo dunha familia acomodada: o seu pai, Robert S. Cassatt, era un exitoso axente de bolsa, e a súa nai, Katherine Kelso Johnston, proviña dunha familia de banqueiros. Cassatt medrou nun ambiente onde as viaxes eran parte da súa educación; antes de cumprir os dez anos a rapaza xa viaxara a moitas capitais europeas, incluíndo Londres, París e Berlín.

A pesar de que a súa familia obxectou a súa decisión de converterse nunha artista profesional, ela comezou a estudar pintura na Pennsylvania Academy of the Fine Arts en Filadelfia, Pensilvania (1861-1865). Impaciente co lento ritmo das clases e a actitude condescendente dos estudantes e dos mestres, fixo que decidise estudar os antigos patróns por si mesma, e en 1866 mudouse a París.

A festa no bote, 1893-94

Co comezo da Guerra franco-prusiana, Mary Cassatt volveu aos Estados Unidos xunto á súa familia, adicándose á pintura na súa vila, a pesar da dificultade de atopar bos materiais e modelos para as súas pinturas. O seu pai continuou a resistirse á súa vocación, pagando só as súas necesidades básicas, deixando ao seu cargo o pagamento dos seus materiais plásticos. En 1871 volveu a Europa cando o Arcebispado de Pittsburgh lle encargou pintar copias dalgunhas pinturas de Italia, despois do cal viaxou por Europa.

Impresionismo[editar | editar a fonte]

En 1872, Mary Cassatt xa contaba cun estilo maduro, en parte debido ao estudo dos mestres máis importantes e ás indicacións e consellos do seu mestre Camille Pissarro. Ese mesmo ano unha das súas pinturas foi escollida polo xurado para ingresar no Salon de Paris. Respecto á súa obra, os críticos dixeron que as súas cores eran moi rechamantes e que os seus retratos eran demasiado fieis para favorecer ao modelo.

Logo de ver a obra ao pastel de Edgar Degas na fiestra dunha galería de arte, soubo que non estaba soa na súa rebelión. Nunha carta a un amigo atopamos o seguinte:

Adoitaba esmagar o meu nariz contra as fiestras para absorber todo o que podía da súa arte... Cambiou a miña vida, dende entón puiden ver a arte do xeito que sempre quixen vela.
Mary Cassatt
1880
Museum of Fine Arts, Boston

En 1874 coñeceu a Edgar Degas quen a convidou a exhibir o seu traballo cos impresionistas, o que finalmente ocorreu en 1879. Pouco despois do seu triunfo cos impresionistas, Cassat deixou a pintura para facerse cargo da súa nai e irmá quen enfermaron logo de mudarse a París en 1877. A súa irmá morreu en 1882 pero a súa nai recuperou a saúde logo do cal Cassat retomou a pintura a mediados de 1880. Permaneceu unida a este círculo até 1886, con todo a súa amizade con Degas e Berthe Morisot non se disolveu.

Tempo de verán (c. 1894)

Cassat continuou en evolución, polo que deixou o impresionismo e achegouse máis cara a unha honesta e sinxela copia da realidade. Contra 1886, xa non se identificaba con este nin con ningún outro movemento artístico e comezou a experimentar con varias técnicas. No seu traballo pódese observar que case un terzo das súas pinturas amosan escenas da vida cotiá e retratos de nais e fillos en íntima relación.

Derradeiros anos[editar | editar a fonte]

O baño do neno (O baño)
Art Institute of Chicago

A década de 1890 foi a época máis creativa de Cassatt, mesmo se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre as que destacan Lucy A. Bacon, a quen Cassat presentoulle a Camille Pissarro.

En 1891, exhibiu unha serie de coloridas pinturas entre as cales estaban Muller tomando un baño e O salón de beleza, cadros inspirados na arte xaponesa que foron exhibidos en París un ano antes.

Ao iniciarce o novo século, traballou como conselleira en varias coleccións de arte onde deixou estipulado que eventualmete doarían as súas vendas aos Museos de Arte Norteamericanos. Con todo, o recoñecemento da súa arte chegou tardiamente aos Estados Unidos.

O irmán de Cassatt, Alexander Cassatt, (presidente da Pennsylvania Railroad dende 1899 ata a súa morte) morreu en 1906. A morte do seu irmán fixo que non volvese pintar até 1912.

Unha viaxe ao Exipto en 1910 impresionou a pintora coa beleza da súa arte antiga. Diagnosticada de diabetes, reumatismo, neuralxia e cataratas en 1911, seguiu coa súa produción artística, mais en 1914 foi forzada a deixar de pintar ao ir perdendo a vista. Non obstante, Cassatt non deixou a súa actividade, uníndose aos colectivos femininos que loitaban polo recoñecemento do sufraxio feminino, facendo unha exposición de dezaoito cadros en 1915 para apoiar o movemento.

En recoñecemento á súa achega á arte, o goberno de Francia galardoouna coa Légion d'honneur no ano 1904.

A pintora morreu o 14 de xuño de 1926 na vila de Château de Beaufresne, preto de París, sendo soterrada no panteón familiar de Mesnil-Théribus, Francia.

Como a maioría dos pintores da súa época, Cassatt ten escasa presenza nos museos de España. Existe un exemplo de notable importancia, o lenzo "Maternidade", no Museo de Belas Artes de Bilbao.

Galería de traballos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mathews, Nancy Mowll, Mary Cassatt: A Life, 1998, Yale University Press, ISBN 0-300-07754-8
  • White, John H., Jr. (Spring 1986), America's most noteworthy railroaders, Railroad History, Railway and Locomotive Historical Society, 154, p. 9-15. (mentions family relationship to Alexander J. Cassatt).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]