Gustave Caillebotte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGustave Caillebotte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1848 Editar o valor em Wikidata
París (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1894 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Gennevilliers (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 70
Grave of Caillebotte (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Facultade de Dereito de París - Licenciatura
Escola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Gennevilliers
Italia
Noruega
Suecia
Trouville-sur-Mer
Honfleur
París
Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , regatista , avogado , enxeñeiro , marine architect (en) Traducir , mecenas , Filatélico , coleccionista de arte , artista gráfico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato, pintura de animais (pt) Traducir, Natureza morta, pintura de xénero, Arte de paisaxes, nudez na arte e paisagem de cidade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoImpresionismo Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoGustave Caillebotte catalogue raisonné, 1994 (en) Traducir (1994) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJean-Léon Gérôme e Léon Bonnat Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor em Wikidata
Deportevela Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsMartial Caillebotte Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: fa2e91e3-64ef-4df3-bff0-09d2e656392e Discogs: 2463525 WikiTree: Caillebotte-1 Find a Grave: 6153 Editar o valor em Wikidata

Gustave Caillebotte, nado en París o 19 de agosto de 1848 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 1894, foi un pintor impresionista, coleccionista, mecenas e organizador de exposicións francés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Gustave Caillebotte 1878 (30 anos).

Caillebotte naceu no seo dunha familia parisiense de clase alta. O seu pai, Martial Caillebotte (1799-1874), era o herdeiro da industria téxtil familiar e xuíz no Tribunal de comercio de Seine. O pai de Caillebotte enviuvara dúas veces antes de casar coa súa nai, Céleste Daufresne (1819-1878), coa cal tivo dous fillos máis despois de Gustave, René (1851-1876) e Martial (1853-1910).

Caillebotte naceu na casa familiar da rúa Faubourg-Saint-Denis na cidade de París, onde viviu ata 1866 cando marcharon a vivir a unha nova casa construída na rúa Miromesnil da mesma cidade.

Os Caillebotte adoitaban pasar os veráns en Yerres, unha vila á beira do río Yerres ao sur de París, chegando a mercar unha grande casa alí en 1860. Foi arredor desta data cando Gustave Caillebotte comezou probablemente a pintar e debuxar. Unha gran parte dos cadros de Caillebotte describen os membros da súa familia e escenas da vida cotiá; Home xove na fiestra (Jeune homme à la fenêtre), 1875, amosa a René, un dos irmáns de Gustave na casa da rúa Miromesnil, As laranxeiras (Les Orangers), 1878, amosan a Martial Jr. e a súa curmá Zoë no xardín da propiedade da familia en Yerres, e Autorretratos no rural, 1875, amosa a tía, a nai e a curmá de Caillebotte xunto a un amigo da familia.

Caillebotte licenciouse en dereito en 1868 obtendo a súa licenza para exercer en 1870. Pouco despois, foi recrutado para loitar na Guerra franco-prusiana, e para servir na Garde Nationale Mobile de la Seine. Trala guerra, Caillebotte comezou a visitar o estudio do pintor Léon Bonnat, onde comezou a estudar pintura. En 1873, Caillebotte entrou na Escola de Belas Artes (École des Beaux-Arts), aínda que non pasou moito tempo nela. Nesa época, Caillebotte coñeceu e fíxose amigo de moitos pintores que non pertencían á escola oficial francesa entre os cales se atopaban Edgar Degas e Giuseppe de Nittis, e asistiu (aínda que non participou) na primeira exposición impresionista de 1874.

A gran cantidade de cartos que herdou trala morte do seu pai en 1874 e da súa nai en 1878 permitíronlle pintar sen a preocupación de ter que vende-los seus traballos. Tamén lle permitiron financiar as exhibicións impresionistas e axudar economicamente aos seus amigos pintores e a outros artistas (incluíndo Claude Monet, Pierre-Auguste Renoir, e Camille Pissarro entre outros) mercando os seus traballos, e, no caso de Monet, pagando o alugamento do seu estudio.

Xove home na fiestra 1875

A súa boa situación financeira tamén lle permitiu financiar unha serie de hobbies polos que tiña paixón, entre os cales se incluían a filatelia (na actualidade a súa colección atópase no Museo Británico), o coleccionismo de orquídeas, a construción de embarcacións, e incluso o deseño téxtil (as mulleres dos seus cadros Madame Boissière facendo punto, 1877, e Retrato de Madame Caillebotte, 1877, semellan levar deseños feitos por Caillebotte).

O estilo de Gustave Caillebotte pertence ao Realismo. Como fixeran os seus predecesores Jean-Francois Millet e Gustave Courbet, xunto ao seu contemporáneo Degas, Caillebotte propúxose pintar a realidade tal e como el a vía, co fin de reducir a teatralidade inherente da pintura. Quizais debido á súa forte amizade cos impresionistas, o seu estilo e técnica varía moito segundo o traballo, experimentando e collendo técnicas "emprestadas" sen centrarse nun estilo só. Ás veces, os seus traballos aseméllanse ás ricas e coloridas teas realistas de Degas (especialmente nas súas escenas interiores), mais outras veces, Caillebotte comparte o compromiso dos impresionistas de representar a "verdade óptica" empregando entón a suavidade do pastel impresionista e lixeiros trazos semellantes aos de Renoir e Pissarro, aínda que empregando unha paleta menos vibrante.[1]

Caillebotte pintou moitas escenas familiares, da vida cotiá, interiores, e figuras nas paisaxes de Yerres. A pesar disto os seus traballos máis famosos son aqueles nos que amosa a vida urbana de París, como Os rabuñadores do parquet (Les raboteurs de parquet, 1875), A ponte de Europa (Le pont de l'Europe, 1876), e A praza de Europa con tempo de chuvia (La Place de l'Europe, temps de pluie, 1877).

A praza de Europa, tempos de chuvia 1877

Estes cadros foron bastante controvertidos debido aos seus suxeitos banais e de clase baixa e pola súa perspectiva baixa e esaxerada. O plano inclinado é un motivo común nos cadros de Caillebotte, que está influenciado pola arte xaponesa e polas novas técnicas fotográficas. Achegándose máis ao detalle, as técnicas que se atopan normalmente na obra de Caillebotte tamén poden ser o resultado do seu interese na fotografía. Un gran número dos seus traballos tamén emprega unha posición alta e avantaxada, incluíndo moitos dos seus cadros dende balcóns como Vue des toits, effet de neige (1878) e Boulevard vu d'en haut, 1880. A produción artística de Caillebotte comezou a minguar a partir da década de 1890, cando deixou de traballar acotío. En 1881 adquiriu unha propiedade en Petit Gennevilliers, nas beiras do río Sena preto de Argenteuil, mudándose de xeito definitivo en 1888.

No seu novo fogar adicouse principalmente á xardinería e ás carreiras e construcións de embarcacións. Tamén comezou a pasar moito tempo co seu irmán máis novo, Martial, e co seu amigo Renoir, quen pasaban longas tempadas en Petit Gennevilliers.

Diversas fontes din que antes da súa morte tivo unha relación cunha muller máis nova ca el chamada Emilie Schlauch, mais non pode ser nin afirmado nin desmentido xa que non hai bases históricas que o evidencien.

O 21 de febreiro de 1894 Gustave Caillebotte morreu mentres traballaba no seu xardín de Petit Gennevilliers debido a unha conxestión pulmonar, sendo soterrado no cemiterio do Père-Lachaise de París.

A colección de Gustave Caillebotte[editar | editar a fonte]

A ponte de Europa 1876.

Trala súa morte, Caillebotte doou ao estado francés unha grande colección de obras que tiña na súa posesión. A súa colección está formada por sesenta e oito cadros de diversos artistas entre os que se atopan Camille Pissarro (dezanove), Claude Monet (catorce), Pierre-Auguste Renoir (dez), Alfred Sisley (nove), Edgar Degas (sete), Paul Cézanne (cinco), e Édouard Manet (catro).

No tempo da morte de Caillebotte, os impresionistas seguían censurados e condenados pola Academia de arte francesa e especialmente pola Académie des beaux-arts. Debido a isto, Caillebotte decatouse de que as súas obras acabarían en "faiados" e "museos provincianos", estipulando no seu testamento que debían ser expostas no Pazo de Luxemburgo (leal aos traballos dos artistas vivos), e no Louvre.

Desafortunadamente, o goberno francés non concordaría cos termos da súa vontade. No mes de febreiro de 1896, negociaron con Renoir, quen era o executor da vontade do finado pintor, pasando ao Pazo de Luxembourg trinta e oito pinturas. As trinta e nove pinturas restantes (unha delas levada por Renoir como pagamento aos seus servizos) foron ofertadas dúas veces ao goberno francés, no ano 1904 e en 1908, sendo as dúas veces rexeitadas. Cando o goberno francés decidiu reclamalas en 1928, a oferta foi rexeitada pola viúva do fillo de Caillebotte. A maioría das obras restantes foron adquiridas por Albert C. Barnes, formando parte na actualidade da Fundación Barnes.

Corenta dos traballos de Caillebotte atópanse na actualidade no Museo de Orsay. O seu L'Homme au balcon, boulevard Haussmann (Home no balcón, boulevard Haussmann), pintado en 1880, foi vendido por 14.3 millóns de dólares no ano 2000.[2]

Traballos principais[editar | editar a fonte]

Galería de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anne Distal, et al, 1995, p.13
  2. 2,0 2,1 Os cadros máis caros: L'Homme au balcon, boulevard Haussmann - G. Caillebotte
  3. "ArtCult: Le jorunal du marché de l´Art". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 21 de decembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Berhaut, Marie (1994). Gustave Caillebotte: Catalogue raisonné des peintures et pastels. París: Wildenstein Institute.
  • Broude, Norma (Ed.) (2002). Gustave Caillebotte and the Fashioning of Identity in Impressionist Paris. New Brunswick, Nova Jersey: Rutgers University Press.
  • Distel, Anne (1996). Gustave Caillebotte: The Unknown Impressionist. Londres: The Royal Academy of Arts, Londres.
  • Varnedoe, Kirk (1987). Gustave Caillebotte. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-300-03722-8
  • Wittmer, Pierre (1991). Caillebotte and His Garden at Yerres. Nova York: Harry N. Abrams, Inc.
  • Distell, Anne; Druick, Douglas W.; Groom, Gloria & Rapetti, Rodolphe (1995). Gustave Caillebotte, Urban Impressionist. Nova York: Abbeville Publishing Group (Abbeville Press, Inc.) & The Art Institute of Chicago. (Catálogo estadounidense para unha exposición retrospectiva en París, Chicago e Os Ánxeles, 1994-1995.)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]