Frédéric Bazille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Frédéric Bazille
Nacemento 6 de decembro, 1841
Lugar de nacemento Montpellier, Francia
Morte 28 de novembro, 1870
Lugar de morte Beaune-la-Rolande, Francia
Nacionalidade francesa
Eido Pintura, Debuxo
Movemento Impresionismo
Traballos O vestido rosa (1864)
Reunión familiar (1867-68)


Jean Frédéric Bazille, nado o 6 de decembro de 1841 e finado o 28 de novembro de 1870, foi un pintor impresionista francés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bazille naceu en Montpellier, Hérault, (Languedoc-Roussillon), no seo dunha familia protestante de clase alta. Na súa xuventude comezou a interesarse pola pintura despois de coñecer algúns dos traballos de Eugène Delacroix.

O seu interese pola arte fixo que quixese estudar pintura, o cal foille permitido pola súa familia coa condición de que estudase medicina.[1] Bazille comezou os seus estudos de medicina en 1859, mudándose a París en 1862 para que poidese continua-los seus estudos. En París comezou a asistir a clases de pintura no obradoiro de Charles Gleyre e coñeceu a Pierre-Auguste Renoir, pintor impresionista, quen, xunto a Claude Monet, Alfred Sisley e Édouard Manet introducírono no mundo da pintura.[1]

A súa grande amizade con Renoir e Monet fixo que Bazille os axudase en moitas ocasións, permitíndolles pintar nos seus obradoiros, empregar os seus materiais e chegando a pagar polas súas obras (En 1867 pagou 2.500 francos por Mulleres nun xardín de Monet[2]). Despois de suspender o seu exame de medicina, decidiu abandonar a carreira en 1864, pasando a pintar a tempo completo.

As súas pinturas máis coñecidas son La Robe rose (O vestido rosa) (1864), pintado cando o autor contaba só con 23 anos, e Réunion de famille (Reunión de familia) (1867).[3]

Frédéric Bazille morreu en 1870 aos 25 anos de idade, asasinado nunha operación militar en Beaune-la-Rolande, Loiret durante a Guerra francoprusiana.

Traballos principais[editar | editar a fonte]

Autorretrato

Galería de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 WetCanvas bio
  2. Enciclopedia Larousse, Tomo XVIII, ISBN 84-01-61738-3
  3. Rosenblum, 1989, p. 225

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frédéric Bazille

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rosenblum, Robert (1989). Paintings in the Musée d'Orsay. New York: Stewart, Tabori & Chang. ISBN 1-55670-099-7

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]