Albarracín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlbarracín
Vista nocturna
Imaxe

Localización
Mapa
 40°24′19″N 1°26′38″O / 40.4053, -1.444Coordenadas: 40°24′19″N 1°26′38″O / 40.4053, -1.444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Teruel Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalAlbarracín Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.015 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,22 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie456,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.182 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Organización política
• Mayor of Albarracín (en) Traducir Editar o valor em WikidataFrancisco Jesús Marti Soriano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44100 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico978 Editar o valor em Wikidata
Código INE44009 Editar o valor em Wikidata

Sitio webalbarracin.es Editar o valor em Wikidata
Outra vista
Rúa en Albarracín.
Vista da cidade e os muros.
Castelo de Santa Croche.

Albarracín é un concello aragonés da provincia de Teruel, situada na comarca da Sierra de Albarracín. En 2006 tiña 1.076 habitantes, repartidos nunha área de 456,50 km².

En 1961, a cidade foi declarada Monumento Nacional.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada a 28 km da cidade de Teruel e a 1.171 m de altura, ás beiras do río Guadalaviar, ten ao norte a serra de Albarracín e polo sur os Montes Universales.

Urbanismo[editar | editar a fonte]

O lugar está asentado nun monte e arrodeado polo Guadalaviar, un caso representativo de meandro encaixado. Por ese lado e contra o río se atopan edificadas as casas colgadas. Dentro da cidade as rúas pinas e estreitas. A construción ofrece unha orixinal arquitectura popular, con uso da típica cor vermelliza, chamada rodena, que se consegue con xices locais, orixinarios do Triásico superior.

A parte antiga divídese en dous barrios:

  • a Cidade, coas casas penduradas sobre do río;
  • o Rabal.

Outra das partes, El Barrio, está da outra beira do río, e non forma parte do casco antigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Aspecto do casco antigo.

Atopáronse importantes pinturas rupestres da denominada arte levantina na Pineta do Rodeno.

Durante a Idade de Ferro, a zona estivo habitada polos lobetáns, probabelmente celtiberos.

No Al-Andalus, a familia bérber dos Banu Razín, fixo destas terras un pequeno reino taifa. Desta familia procede o nome actual da cidade e da serra.

No século XII, o Rei Lupo de Murcia cedeu a comarca de Albarracín ao navarro Pedro Ruíz de Azagra, creándose así o Señorío de Albarracín, que se incorporou ao Reino de Aragón durante o século XIII.

No señorío creouse un bispado que dependía do arcebispo de Toledo. A sede episcopal foi deslocada para Segorb, cando esta localidade foi tomada dos mouros en época do rei Xaime I de Aragón.

Desde 1852, forma parte da diocese Teruel-Albarracín, posibelmente a consecuencia do concordato de 1851.

Monumentos[editar | editar a fonte]

  • Catedral do Salvador, iniciada no 1200, a maior parte é do século XVI, cunha soa nave e con capelas laterais. Conta con Museo Catedralicio, que expón interesantes tapices e ourivesaría litúrxica.
  • Pazo episcopal, ao pé da catedral, con portada barroca.
  • Casa Consistorial, sita na praza do Concello. É do século XVI, con balcóns de madeira e corredor pendurado sobre do río.
  • Casa de la Julianeta, casa de construción popular, sita no Portal de Molina.
  • Castelo, localizado no casco antigo, está en proceso de restauración. Foi alcázar musulmán da familia dos Banu Razin, durante o século XI.
  • Murallas, do século XIV, de construción cristiá.
  • Torre del Agua y del Andador, de construción musulmá, dos séculos X e XI.
  • Torre de doña Blanca, simétrica respecto da do Andador.
  • Museo do Xoguete.