Cañada del Hoyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cañada del Hoyo é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela - A Mancha. Esténdese por unha área de 90.37 km² onde no ano 2009 vivían 312 habitantes.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Cañada del Hoyo desde a década dos 30 ata agora:

Lagoas de Cañada[editar | editar a fonte]

O seu atractivo principal son as Lagoas de Cañada, a uns 5 quilómetros do pobo. Trátase de depresións na superficie de ao redor de 30 metros de profundidade e duns 100 metros de diámetro, similares ás Torcas dos Palancares, a uns 15 quilómetros en dirección Oeste, só que estas non teñen auga. As lagoas que son sete en total, reciben os nomes de: lagoa da Cruz, o Lagunillo do Tezo, o Tezo, a Chaira, a Parra, o Lagunillo das Cardenillas, coñecido como o lagunillo das Tartarugas e a lagoa Cardenillas. Están rodeadas de monte e piñeiros.