Ronda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRonda
Imaxe

Localización
Mapa
 36°44′14″N 5°09′53″O / 36.737222222222, -5.1647222222222Coordenadas: 36°44′14″N 5°09′53″O / 36.737222222222, -5.1647222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga Editar o valor em Wikidata
Capital de
Takurunna (século VIII–século XI) Editar o valor em Wikidata
CapitalRonda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación33.329 (2023) Editar o valor em Wikidata (86,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie385 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porGuadalevín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude739 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataPablo Santiago Ramos Pérez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE29084 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webronda.es Editar o valor em Wikidata

Ronda é unha cidade pertencente á comunidade autónoma de Andalucía, situada no noroeste da provincia de Málaga (España). É a cabeza do partido xudicial homónimo e a capital da comarca da Serranía de Ronda.

No ano 2008 contaba con 36.532 habitantes, que a converten no segundo municipio máis poboado do interior da provincia tras Antequera. O seu termo municipal esténdese sobre unha meseta coñecida como depresión de Ronda e polas serras que a circundan. Ten unha superficie de 481 km² e unha densidade de poboación de 75,95 hab/km².

Ronda ten a súa orixe na Arunda romana que se constituiría a partir de asentamentos ibéricos existentes. Os visigodos déronlle continuidade ata a chegada dos musulmáns, quen consolidaron o seu papel de cabeceira comarcal non perdida ata a data e a súa entidade urbana. A súa localización facilitou a defensa da cidade e púxoa nunha situación estratéxica para dominar os pasos e camiños cara á baixa Andalucía. Isto e a dispoñibilidade de terras aptas para a agricultura concedéronlle finalmente unha importancia histórica notable.

A cidade aséntase ao redor dunha profunda sima á que asoman algúns edificios do seu centro histórico. Por esta razón e pola cantidade dos monumentos que posúe, Ronda converteuse nun centro turístico notable. A cornixa da sima e a ponte que a salva son a imaxe por antonomasia da cidade.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]