Afonso X o Sabio
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
| Afonso X | |
|---|---|
| Rei da Coroa de Castela Rei dos Romanos (disputado) |
|
| Miniatura medieval de Afonso X. | |
| Reinado | 1 de Xuño de 1252 – 4 de Abril de 1284 |
| Coroación | 1 de Xuño de 1252 |
| Predecesor | Fernando III |
| Sucesor | Sancho IV de Castela |
| Cónxuxe | Violante de Aragón |
| Pai | Fernando III |
| Nai | Elisabeth von Hohenstaufen |
| Nado en | Toledo |
| Falecemento | 4 de Abril de 1284 Sevilla, (Andalucía). |
| Enterramento | Catedral de Sevilla, (Andalucía). |
Afonso X, nado en Toledo en 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León. Foi alcuñado "O Sabio" pola súa cultura e a potenciación cultural que mantivo, entre a que podemos salientar a creación da Escola de Tradutores de Toledo e a produción de moitas obras: Las Siete Partidas (recompilación xurídica e principios de dereito), tratados de xadrez e poesía en galego como as Cantigas de Santa María e mesmo poemas trobadorescos.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo de Fernando III o Santo e de Elisabeth von Hohenstaufen (coñecida por Beatriz de Suabia), aínda infante, participou na tomada de varias prazas andaluzas, entre elas Cádiz; porén, tivo que renunciar á posesión do reino do Algarve (polo Tratado de Badaxoz de 1267), e ás súas aspiracións sobre o reino de Navarra. Tamén fracasou na disputa pola coroa do Sacro Imperio Romano-Xermánico.
En 1246, casou con Violante, infanta de Aragón (1236–1301), filla da princesa Iolanda da Hungría e de Xaime I de Aragón.
Deste casamento naceron:
- Berengaria, infanta de Castela (1252 – Guadalaxara, 1300)
- Beatriz, infanta de Castela (1253) — casou con Guillerme VII, margrave de Montferrato
- Fernando de La Cerda, infante de Castela (1255–1275) — casou con Branca, princesa de Francia
- Sancho IV, rei de Castela (1258–1295) — casou con María de Molina, señora de Molina e Mesa
- Pedro, infante de Castela, señor de Ledesma (1260)
- Xoán, infante de Castela, señor de Valencia de Campos (1264)
- Violante, infanta de Castela (1265–1300) — casou con Diego Lopéz de Haro, señor de Biscaia
- Xaime, infante de Castela, señor de Los Cameros (1268-1294)
- Isabel, infanta de Castela
- Leonor, infanta de Castela
De Maior Guillén de Guzmán tivo a Beatriz de Castela (1242–1303), que casou con Afonso III de Portugal (1210–1279), en 1254, e foi nai de Don Dinis I, rei de Portugal (1261–1325). Afonso X e Maior de Guzmán tamén foron pais de Martín Afonso e de Dona Urraca.
O primeiro fillo de Afonso, Fernando de La Cerda morreu antes que o pai. Foi o segundo, Sancho, quen o sucedeu no trono.
Afonso X o Sabio faleceu a 4 de abril de 1284, con 63 anos. O seu corazón foi enterrado no Monte Calvario de Xerusalén.
[editar] Afonso X e a literatura
Afonso X fomentou a actividade cultural a través da Escola de Tradutores de Toledo e el mesmo foi un bo poeta en galego. Ten unha extensa obra, tanto xurídica como científica, histórica e literaria. Destacan El fuero real de Castilla, onde se promulgan e analizan os foros casteláns, o Codigo de las siete partidas, as Tablas alfonsíes, a Crónica general e grand estoria (aproximación histórica), e as Cantigas de Santa María (poesía en galego que marcou o cumio do galego escrito medieval), así como o Lapidario e os Libro dos xogos.
Afonso X realizou tamén a primeira reforma (normativización) ortográfica do castelán, lingua que adoptou como oficial do reino en troques do latín.
A Escola de Tradutores atraeu un grupo de estudosos cristiáns, xudeus e musulmáns que desenvolveron un importante labor científico, rescatando textos da antigüidade e despois verténdoos ás linguas occidentais, poñendo así os piares do renacemento científico na Europa medieval.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1980.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Xenealoxía de Afonso X o Sabio
- Ficha xenealóxica Fundación Casa Ducal de Medinaceli
- Cátedra Alfonso X o Sabio
- Lapidario na Biblioteca Virtual Cervantes.
|
Afonso X o Sabio
Nacemento: 23 de Novembro 1221 Falecemento: 4 de Abril 1284
|
||
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por Fernando III |
Rei de Castela 1252–1284 |
Sucedido por Sancho IV |
| Rei de Toledo 1252–1284 |
||
| Rei de Galiza 1252–1284 |
||
| Rei de León 1252–1284 |
||
| Rei de Córdoba 1252–1284 |
||
| Rei de Murcia 1252–1284 |
||
| Rei de Xaén 1252–1284 |
||
| Rei de Sevilla 1252–1284 |
||
| Outros títulos Nobiliarios | ||
| Precedido por Conrado IV |
Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico 1257-1273 |
Sucedido por Rodolfo I |
| Predecesor: Manuel Antonio |
Día das Letras Galegas 1980 Afonso X o Sabio |
Sucesor: Vicente Risco |
|
||||||||