Carlos Lema
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lema.
Carlos Lema, nado en San Sadurniño en 1958, é un poeta e editor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Director de colección en Sotelo Blanco Edicións, en 2003 faise cargo da liña de edicións na Editorial Galaxia. Ten colaborado nos xornais Diario de Galicia e El Ideal Gallego, ademais de na Revista das Letras de Galicia Hoxe, onde se encargaba da crítica de literatura estranxeira. É membro do consello de redacción da revista Grial. Actualmente reside en Vigo.
[editar] Obra
[editar] Como poeta
- O xeito de Freud (Espiral Maior, 2008). Gañador do XI Premio Johán Carballeira.
[editar] Como editor
- Obra gráfica. Vicente Risco. (Galaxia, 2006).
- A ollada do desexo: obra fotográfica 1933-1973. Eduardo Blanco Amor. (Galaxia, 2004).
- Escolma poética. Antón Avilés de Taramancos. (Galaxia, 2003).