Martin Amis
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martin Amis, nado en Oxford en 1949, é un novelista británico.
Traxectoria [editar]
É fillo do tamén escritor Kingsley Amis. O seu primeiro libro foi editado en 1973. Dende entón colaborou en revistas como Times Literary Supplement, New Statesman e The Observer. Amis é un dos máis exitosos e recoñecidos escritores da súa xeración. Actualmente goza dunha praza de profesor na Universidade de Manchester, impartindo clases sobre "escritura creativa".
Obras [editar]
- A casa dos encontros, tradución de Eva Almazán, 2006.
- A viúva preñada, tradución de Eva Almazán, 2010.
