Alessandro Baricco
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alessandro Baricco, nado en Turín o 25 de xaneiro de 1958, é un escritor italiano.
Traxectoria [editar]
É autor de seis novelas, coas que obtivo numerosos premios literarios, entre eles o Premio Médicis Étranger en Francia e os Campiello, Viareggio e Palazzo del Bosco en Italia. Sobre a súa novela Seda realizouse en 2007 unha película dirixida por François Girard e protagonizada por Michael Pitt e Keira Knightley.
Obra [editar]
- Castelli di rabbia, 1991.
- Oceano mare, 1993.
- Seda (Seta), 1996. Tradución de María Cristina González Piñeiro, 2005.
- City, 1999.
- Senza sangue, 2002.
- Omero, Iliade, 2004.
- Questa storia, 2005.
- Emaús (Emmaus), 2009. Tradución de Carlos Acevedo, 2010.
- La storia di Don Giovanni, 2010.