Rosa Aneiros
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aneiros.
Rosa Aneiros Díaz, nada en Valdoviño en 1976, é unha escritora galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática.
É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010[1].
Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.
[editar] Obras
[editar] Narrativa
- Eu de maior quero ser, 1999, Sotelo Blanco.
- Corazóns amolecidos en salitre, 2002, Laiovento.
- Resistencia, 2002, Xerais.
- Veu visitarme o mar, 2004, Xerais.
- Sol de inverno, 2009, Xerais.
- Ás de bolboreta, 2009, Xerais.
[editar] Artigos xornalísticos
- Ao pé do abismo, 2007, Xerais.
[editar] Literatura infanto-xuvenil
[editar] Obras colectivas
- Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón.
- Narradoras, 2000, Xerais.
- Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000, 2001, Edicións do Castro.
- Alma de beiramar, 2003, A Nosa Terra.
- Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Seis ferroláns, 2003, Edicións Embora.
- Sempre mar, 2003, Concello de Fene.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- O son das buguinas, 2007, Xerais.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
[editar] Premios
- Premio Lueiro Rey no 1996.
- Premio Modesto R. Figueiredo en 1998 por A ardora que esgazou as bandeiras.
- Gañadora do X Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2001, por Mares de Xabre, ex aequo con Xosé Luís Martínez Pereiro.
- Premio Carvalho Calero no 2001, por Corazóns amolecidos en salitre.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega en 2003 por Resistencia.
- Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2005 por Veu visitarme o mar.
- Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico A última vaca.
- Premio Xerais á mellor novela en 2009 por Sol de inverno.
- Premio Fervenzas Literarias á mellor portada para adultos en 2009 por Sol de inverno.
- Premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil en 2009 por Ás de bolboreta.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil en 2009 por Ás de bolboreta.
- Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) en 2010 por Ás de bolboreta.