Daniel Kehlmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Kehlmann na Feira do Libro de Frankfurt (2017)

Daniel Kehlmann (nado o 13 de xaneiro de 1975) é un novelista e dramaturgo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Múnic (Baviera) sendo fillo do director televisivo Michael Kehlmann e a actriz Dagmar Mettler. Debido ao traballo dos seus pais, instalouse en Viena (Austria) con seis anos, razón pola que ten dobre nacionalidade xermano-austríaca.[1] Os seus avós paternos eran xudeus, e o seu pai estivo nun campo de concentración durante a segunda guerra mundial.[2]

Publicou a súa primeira novela Beerholms Vorstellung, en 1997, cando aínda era un estudante universitario, e gañou sona grazas a Ich und Kaminski (2003). Con todo, acadaría o éxito coa novela Die Vermessung der Welt (2005), traducida ao galego como A medición do mundo. Nela, presenta con humor e ironía a vida, traballos e ambicións do naturalista Alexander von Humboldt e do matemático Carl Friedich Gauss.[3] A novela foi a segunda mellor vendida do mundo no ano 2006, segundo o New York Times.[4]

As obras que publicou dende entón foron louvadas pola crítica e colleitaron importantes éxitos de venda, como Tyll (2017) unha novela histórica con elementos fantásticos na que percorre momentos clave da Alemaña da Guerra dos Trinta Anos e da Paz de Westfalia da man de Till Eulenspiegel, unha figura do folclore alemán. Esta novela foi finalista do Premio Internacional Booker en 2020 e está sendo adaptada como unha produción audiovisual para Netflix.[5] Tamén conta cunha versión cinematográfica Du hättest gehen sollen (2016) que foi levada ao cine como You should have left (2020) protagonizada por Kevin Bacon.[6]

Vive entre Nova York, onde traballa na súa Universidade, e Berlín.[7]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2006 Kleist Premio
  • 2007 WELT Literaturpreis
  • 2007 Grand Prix du livre des dirigeants
  • 2008 Thomas-Mann-Preis
  • 2008 PO Enquist Pris
  • 2010 Prix Cévennes du romano européen
  • 2012 Nestroy Premio de Teatro
  • 2018 Friedrich-Hölderlin-Preis
  • 2018 Frank-Schirrmacher-Preis
  • 2019 Premio Anton Wildgans
  • 2019 Schubart Literaturpreis
  • 2021 Elisabeth-Langgässer-Literaturpreis

Obras[editar | editar a fonte]

  • Beerholms Vorstellung (1997).
  • Unter der Sonne (1998).
  • Mahlers Zeit (1999).
  • Der fernste Ort (2001).
  • Ich und Kaminski (2003).
  • Die Vermessung der Welt (2005).
  • Réquiem für einen Hund (2008).
  • Leo Richters Porträt (2009).
  • Ruhm. Ein Romano en neun Geschichten (2009).
  • Lob: Über Literatur (2010).
  • F. (2013).
  • Du hättest gehen sollen (2016).
  • Tyll (2017).

Obras traducidas ao galego[editar | editar a fonte]

A Editorial Galaxia publicou dúas novelas de Daniel Kehlmann dentro da súa colección Biblioteca Compostela. Trátase de Die Vermessung der Welt (2005) traducida en 2006 como A medición do mundo,[8] e Ruhm. Ein Romano en neun Geschichten (2009), vertido como A fama. Novela en nove historias.[9] Ambas as dúas foron traducidas por Patricia Buxán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Interview with Kehlmann in the Tagesspiegel.
  2. "Waiting For The Right Holocaust Angle". 24-4-2012. Consultado o 5-8-2021. 
  3. "A medición do mundo". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-08-05. 
  4. Hoffman, Jascha. "DATA; COMPARATIVE LITERATURE". query.nytimes.com (en inglés). Consultado o 2021-08-05. 
  5. "Today at Frankfurter Buchmesse: Netflix's Kelly Luegenbiehl's CEO Talk". Publishing Perspectives (en inglés). 2019-10-16. Consultado o 2021-08-05. 
  6. "You Should Have Left (2020) - IMDb" (en inglés). Consultado o 2021-08-05. 
  7. "Best-selling German-language author Daniel Kehlmann and Adam Soboczynski of DIE ZEIT". New York University. 
  8. "Ficha de publicación: A medición do mundo.". Consello da Cultura Galega. 
  9. "Ficha de publicación: A Fama.". Consello da Cultura Galega.