Berta Dávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Berta Dávila Fernández, nada en Santiago de Compostela o 31 de decembro de 1987, é unha escritora galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Novelista e poeta, Dávila comeza a escribir na adolescencia e gaña unha serie de certames xuvenís como o Minerva do colexio Manuel Peleteiro (2006), entre outros, publicando textos en revistas, plataformas dixitais, e libros colectivos. Gañadora de varios premios literarios, actualmente reside na súa cidade natal.

[editar] Obra

[editar] Poesía

[editar] Narrativa

  • Bailarei sobre a túa tumba (2008, Biblos Clube de Lectores).
  • A arte do fracaso (2010, Barbantesa. Traducido ao castelán en 2011, como El arte del fracaso, en Pulp Books).

[editar] Obras colectivas

  • No ocaso dos poemas (2004).
  • Ningunha primavera máis sen flores (2006, Galaxia).
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).

[editar] Premios

  • XI Premio de Poesía Avelina Valladares no 2007, por Dentro.
  • Premio Biblos de novela no 2008, por Bailarei sobre a túa tumba.
  • Premio Johán Carballeira no 2011, por Raíz da fenda.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas