Antón Riveiro Coello
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964, é un escritor en lingua galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é funcionario da administración autonómica.
[editar] Obra
[editar] Narrativa
- Valquiria (Novo Século, 1994).
- Parque Central e outros relatos (Espiral Maior, 1996).
- A historia de Chicho Antela (Espiral Maior, 1997).
- Animalia (Galaxia, 1999).
- A quinta de Saler (Galaxia, 1999).
- As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000, traducido ao portugués As rolas de Bakunine (Deriva, 2006), ao castelán Los hijos de Bakunin (Ediciones El Andén, 2008) e ao italiano I figli di Bakunin (Edizioni dell Urogallo, 2009).
- Homónima (Galaxia, 2001).
- A canción de Sálvora (A Nosa Terra, 2002).
- A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003).
- Casas baratas (Galaxia, 2005).
- Os ollos de K (Galaxia, 2007).
- Sempre en galego (Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, 2007).
- As pantasmas de auga (Bourel, 2010).
- Laura no deserto (Galaxia, 2011).
[editar] Ensaio
- Cartafol do Barbanza (A Nosa Terra, 2002).
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- A voz do lago (Galaxia, 2007).
- O paso do esquecemento (Centro de Cultura Popular do Limia, 2011).
[editar] Poesía
- Limaiaé (Centro de Cultura Popular do Limia, 2005).
[editar] Obras colectivas
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (Edicións do Castro, 1992).
- A recortada e catro contos (Asociación de Libreiros, 1994).
- Historia da pusilanimidade e catro contos máis (Asociación de Libreiros, 1995).
- Airadas de palabras (Laiovento, 1998).
- Homenaxe a Blanco Amor (Espiral Maior, 1998).
- Noite de Relatos (NH Hoteles, 1998).
- O camiño de Santiago (Movistar-La Voz de Galicia, 1999).
- Mini-relatos, (Libraría Cartabón, 1999).
- Premios Pedrón de Ouro. Certame Nacional Galego de Narracions Breves "Modesto R. Figueiredo". Certames XXII (1996) e XXIII (1997) (Edicións do Castro, 1999).
- Benito Losada, 25 anos de labor cultural en Ourense (2001).
- Paisaxes con palabras (Galaxia, 2001).
- Materia prima. Relatos Contemporáneos (Xerais, 2002).
- Un universo literario en cen olladas (Agrupación de Libreiros, 2002).
- A máquina e a arte. Historia dunha invención (2003).
- Carlos Casares. A semente aquecida na palabra (Consello da Cultura Galega, 2003).
- Lagoas laiando na lama das leiras (Centro de Cultura Popular do Limia, 2003).
- Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003).
- Palabra por palabra. Contos da Policía (Ir Indo, 2003).
- Sempre Mar (Asociación Cultural Benito Soto, 2003).
- As aforas do soño (Casa da Gramática, 2005).
- Carlos Casares, os amigos, as imaxes e as palabras (A Nosa Terra, 2005).
- 37 poemas, por man propia (Colección Bourel, 2006).
- Anuario de Estudos do Barbanza (Barbantia, 2006).
- Poetas e Narradores nas súas voces. II (Consello da Cultura Galega, 2006).
- Voces na Guerra (Barbantia, 2006).
- Voces na Materia (Barbantia, 2006).
- Volverlles a palabra (Difusora, 2006).
- A cor dos soños: III Encontro de Creadores no Barbanza: literatura infantil-xuvenil e ilustración (Barbantia, 2007). Con Lola Arxóns e Carlos Mosteiro.
- Voces na Historia (Barbantia, 2007).
- A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
- Lingua e Literatura Galega. 1º Bacharelato (Galaxia, 2008).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).
[editar] Mencións e premios
Foi o presidente fundador da Asociación Cultural Barbantia, Fillo predilecto do Concello de Baltar, así como Xuíz Honario do Couto Mixto.
- Accésit no Certame Modesto R. Figueiredo no 1991, por A musa itinerante.
- Premio Camilo José Cela de narrativa no 1993, por Valquiria.
- 1º premio e accésit no Certame Modesto R. Figueiredo no 1995, por Bruca Manigua e A morte esquecida, respectivamente.
- Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 1996, por O nome do espello.
- 1º premio no Certame Modesto R. Figueiredo no 1997, por Sete traxes.
- Accésit do Premio García Barros no 1997, por A historia de Chicho Antela.
- Premio Café Dublín de narrativa no 1998, por Animalia.
- Finalista do Premio Torrente Ballester no 1998, por A quinta de Saler.
- Premio García Barros no 2000, por As rulas de Bakunin.
- Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa no 1999, por Homónima.
- Finalista do Premio Novela Europea Casino de Santiago no 2008, por Os ollos de K.
- Premio da Crítica Española 2011, por Laura no deserto.
- Premio de narrativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Laura no deserto.
Ten sido galardoado tamén con outros premios como o Castelao de Narrativa, Breogán de Contos, Premio Ourense de Contos, etc.