Vita Karoli Magni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vita Karoli Magni, edición de 1521

A Vita Karoli Magni (en lingua galega, "A vida de Carlomagno") trátase da biografía escrita por Exinhardo (770-840), monxe e conselleiro de Carlomagno, o personaxe central de súa obra[1].

Nesta obra, Exinhardo relata a vida do emperador, a cal segundo as súas palabras, foi a vida máis gloriosa do rei máis excelente e máis marabilloso de todos os príncipes do seu tempo e os seus ilustres feitos, difíciles para homes de xeracións futuras imitaren. É un documento histórico que, segundo o propio autor, reflicte o seu agradecemento e o seu desexo de homenaxear a Carlomagno para que súas obras e feitos non caian no esquecemento e perduren no tempo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía de Exinhardo (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]