Otón II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Otón II
Emperador do Sacro Imperio Romano
Die deutschen Kaiser Otto II.jpg
Otón II.
Reinado 973-983
Coroación 25 de decembro de 967
Outros títulos
Rei de Francia Oriental e Italia
Nacemento 955
Falecemento 7 de decembro do 983
Roma, Italia Italia
Predecesor Otón I
Herdeiro natural Otón III
Sucesor Otón III
Cónxuxe/s Theofano
Descendencia
Dinastía Otoniana
Pai Otón I
Nai Adelaida de Italia

Otón II ou Otto II, nado en 955 e finado en Roma o 7 de decembro de 983, foi o segundo Emperador do Sacro Imperio Romano e terceiro gobernante xermánico da dinastía otoniana, da Casa de Saxonia. Era fillo de Otón o Grande e Adelaida da Italia.

Biografía[editar | editar a fonte]

Educación e primeiros anos do reinado[editar | editar a fonte]

Otón recibiu unha boa educación baixo os coidados do seu tio, Bruno, arcebispo de Colonia, e o seu medio-irmán ilexítimo, Guillerme, arcebispo de Mainz. Inicialmente correinou co seu pai, Otón I mais foi escollido como o rei alemán en Worms no ano 961, sendo coroado na Catedral de Aachen o 26 de maio dese mesmo ano. O 25 de decembro de 967, Otón I foi coroado coemperador en Roma polo Papa Xoán XIII.

Casou coa princesa grega Theofano, sobriña do emperador romano de oriente Xoán I Tzimisces, o 14 de abril de 972. Logo de participar nas campañas do seu pai na Península Itálica, volveu a Alemaña e converteuse no único emperador sen ningún tipo de oposición trala morte de seu pai en maio de 973.

Otón proseguiu a política do seu pai no sentido de fortalecer o dominio imperial na Xermania, ademais de estendela de xeito máis profundo na Península Itálica.

Alemaña[editar | editar a fonte]

Otón II

Logo de sufocar unha rebelión en Lorena, xurdiron dificultades no sur de Alemaña, provablemente debido a que Otón refusou entregar o ducado da Suábia a Henrique II de Baviera. En 974 a nai de Henrique, Judite, iniciou unha conspiración contra o emperador, a cal incluíu Henrique, o bispo Abraham de Freising, duques de Bohemia e Polonia, e varios membros do clero e da nobreza que estabam descontentos coa política do emperador. Entretanto, o plan foi descuberto e facilmente suprimido. No mesmo ano, as forzas de Otón conseguiron acabar cunha tentativa de Harald I da Dinamarca de liberase do dominio alemán; sen embargo, a súa expedición contra os bohemios en 975 foi un fracaso parcial debido ao inicio de máis problemas en Baviera. Ao ano seguinte restabeleceu a orde unha segunda vez en Lorena e forzou a Henrique II a fuxir de Regensburg a Bohemia. Baviera foi entregada ao seu parente Otón de Baviera. En 977, o rei realizou unha expedición a Bohemia, onde o rei Boleslaus II prometeu volver á súa alianza anterior. Mieszko I de Polonia tamén foi subxugado.

Tras acabar con outra tentativa de Henrique por recuperar Baviera por parte de Otón II, o rei Lotario da Francia invadiu Lorena cun exército de 20 000 homes e ocupou a capital Aachen durante cinco dias. Otón inicialmente fuxiua Colonia e logo a Saxonia. A súa nai, de orixe francesa, estivo do lado de Lotario e se mudou a Borgoña. En setembro de 978, con 30 000 homes, Otón invadiu Francia. Encontrou pouca resistencia, mais as enfermidades das súas tropas obrigárono a levantar o cerco de París e na viaxe de volta, a retaguarda do seu exército foi destruída, e os bens que transportaban tomados polos franceses. A unha expedición contra os polacos seguiulle unha paz con Francia: Lotario renunciou a Lorena (980), e en cambio, Otón recoñeceu os dereitos do fillo de Lotario, Luís V.

Italia[editar | editar a fonte]

Otón sentiuse entón libre para marchar sobre a Itália. O goberno de Alemaña foi deixado nas mans do arqui-chanceler Willigis e do duque Bernardo I de Saxonia. El foi acompañado da súa dona, o seu fillo, Otto de Baviera, dos bispos de Worms, Metz e Merseburg e outros condes e baróns. Cruzando os Alpes a través do que hoxe é [[Suíza], reconciliouse coa súa nai en Pavía e celebrou o Nadal de 980 en Rávena.

O Bieito VI, electo polo seu pai, fora encadeado polos romanos no Castelo Sant'Angelo, onde morreu en 974. O seu sucesor, Bonifacio VII fuxiu a Constantinopla e Bieito VII, bispo de Sutri, converteuse en papa. Precedido por Bieito, Otón entrou cerimoniosamente en Roma na Pascua de 981.

Otón II e Theofano: Placa bizantina (Museo de Cluny)

Otón tivo nesta cidade unha corte espléndida, frecuentada por príncipes e nobres de tódalas partes de Europa Ocidental. Entón solicitouse que combatera os ataques sarracenos en Itália e, sobre todo, a política agresiva do emir siciliano Abu al-Qasim, cuxa frota estaba atacando Apúlia e cuxas tropas invadiran Calabria. En setembro de 981, Otón marchou cara o sur de Italia. Inicialmente viuse cercado polos conflitos entre os príncipes lombardos locais, que dividiran a área trala morte de Pandolfo. Otón fracasou no cerco de Manso I de Amalfi en Salerno, mais por fin obtivo o recoñecemento da súa autoridade por parte de tódolos principados lombardos. En xaneiro de 982, as tropas alemás marcharon en dirección a Apúlia bizantina para anexar esta rexión ao Imperio Ocidental.

Cando Otón saíu de Taranto, sufriu unha grande derrota preto de Stilo en xullo de 982 (na cal, entre outros, al-Qasim morreu). Sen revelar a súa identidade, o emperador escapou nun navío grego ata Rossano. Voltou a Roma o 12 de novembro de 982.

Nun xantar en Verona en xuño de 983, no medio de diversos príncipes alemáns e italianos, o seu fillo Otón III foi confirmado como rei de Alemaña. Foi entón cando se preparou para outra campaña contra os sarracenos. Tamén obtivo un acordo coa República de Venecia, cuxo auxílio era moi necesario trala derrota en Stilo. Marchando cara Roma, Otón conseguiu garantir a elección de Pedro de Pávia como Papa Xoán XIV.

Cando chegaron noticias dun alzamento das tribos eslavas na fronteira oriental de Alemaña, morreu no seu palacio en Roma o día 7 de decembro de 983. Deixou ao futuro emperador Otón III e tres fillas. Foi enterrado no átrio da Basílica de San Pedro e, cando a igrexa foi reconstruída, os seus restos mortais foron levados á cripta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]