Carlos III de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos III
Rei de Francia occidental
1 de xaneiro de 89828 de xuño de 922
PredecesorEudes I
SucesorRoberto I

Coroación28 de xaneiro de 893, Reims
Nacemento879
Péronne, Somme.
Falecemento7 de outubro de 929
Cónxuxe/sFrédérune
Edwige de Wessex
ProxenitoresLois II de Francia
Adelaida de Frioul

Na rede
WikiTree: Carolingian-75

Carlos III, tamén coñecido como o Simple (como sinónimo de honesto non de torpe), nado o 7 de xaneiro ou 17 de setembro de 879 en Péronne (Somme) e finado o 7 de outubro de 929, foi rei de Francia occidental entre 893 e 923.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Lois II de Francia o Tatexo e de Adelaida de Friúl, no momento da morte de seu pai e seus irmáns era demasiado novo para reinar, polo que o emperador carolinxio Carlos III o Gordo tomou a coroa e os nobres do reino escolleron a Eudes, Conde de París, como rei de Francia occidental. Porén finalmente o 28 de xaneiro de 893 coroouse como rei de Francia en Reims, se ben non puido acceder ao trono ata a morte de Eudes no ano 898.

Xa no trono deulle solución ao continuo problema das invasións viquingas. En 911 asinou o Tratado de Saint-Clair-sur-Epte, segundo o cal acordou co caudillo viquingo Hrolf Ganger a concesión de Normandía a cambio da promesa de protexer a costa de Francia e o río Sena da pillaxe viquinga, a promesa de vasalaxe, a conversión ao catolicismo e o matrimonio coa filla do rei francés, Gisela.

Por outro lado a nivel interno non puido limitar o poder dos señores feudais, que se organiza en torno aos numerosos torreóns, loitando especialmente contra Xilberto de Lorena, Raúl de Borgoña e o futuro Roberto I, irmán de Eudes e avó de Hugo Capeto.

Á morte de Lois IV, último rei carolinxio de Xermania, Carlos reivindicou a rexión de Lorena e fixo valer os seus dereitos ao Imperio, porén é derrotado polo xermano Henrique o paxareiro, futuro Henrique I.

Roberto, conde de París e irmán do anterior rei, fomentou unha revolta contra a coroa e os seus partidarios escollérono como rei so o nome de Roberto I e o 29 de xuño de 922 Carlos III renunciou, obrigado, ao trono, mais contraatacou dende Lorena enfrontándose ao usurpador na batalla de Soissons o 15 de xuño de 923. Nesa batalla morreu Roberto I, mais o seu fillo, Hugo Capeto, derrotou a Carlos III.

Despois deste enfrontamento os señores feudais de Francia non recoñeceron como rei ningún dos contendentes, escollendo a Raul de Borgoña, que sería coroado co nome de Raúl I de Francia.

Carlos III refuxiouse na casa do seu vasalo Herberto II de Vermandois, quen o fixo prisioneiro no Castelo de Péronne (Somme) a causa dos seus lazos familiares con Roberto I, xa que a súa irmá era a esposa deste.

Finalmente morre en 929 despois de seis anos de cativerio.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Predecesor:
 
Rei de Francia occidental
898 - 922
Sucesor:
 
Predecesor:
Lois O Neno
Rei de Lotarinxia
911 - 923
Sucesor:
Henrique I O Paxareiro