Teodorico III, rei franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teodorico III, rei franco
Nacementoanos 650xuliano
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento691
Lugar de falecementovalor descoñecido
SoterradoArras
NacionalidadeReino franco
Ocupaciónmonarca
PaiClodoveo II
NaiBatilde
CónxuxeClothildis Doda
FillosClodoveo IV, Khildeberto III e Chrodelind von Franken
IrmánsKhilderico II e Clotario III
Na rede
WikiTree: Merovingian-82
editar datos en Wikidata ]

Teodorico II (tamén Teoderico, en francés, Thierry III), fillo de Clodoveo II, nado en 654 e finado no 691, foi rei de Neustria e Borgoña, entre o 673 e o 691 e de Austrasia, entre o 679 e o 691.

Aínda que estaba apoiado polo mordomo de palacio Ebroin, foi expulsado do trono de Neustria polos partidarios do seu irmán Khilderico II, e encerrado nun convento. Despois do asasinato deste último no 675, no bosque de Lognes preto de París, mediante unha conxura organizada polos señores francos, que o xulgaban demasiado autoritario, sae do mosteiro e faise co trono de Neustria.

Á súa vez, Dagoberto, fora proclamado rei polos señores austrasianos no 674 e volve, despois do asasinato de Khilderico, para conquistar o trono de Austrasia, onde fora rei o seu pai. Pero contén mal a insubordinación dos grandes e termina sendo tamén asasinado no 679, á idade de 27 anos deixando o trono de Austrasia a Teodorico.

Pero Pipino de Herstal, mordomo de palacio de Austrasia, levántase en armas contra el e termina por expulsalo, concentrando nas súas mans os tres reinos de Austrasia, Neustria e Borgoña. Namentres, temendo un enfrontamento cos grandes señores francos, susceptíbeis e envexosos do seu poderío, permite que, baixo o seu control, Teodorico ocupe o trono dos francos, pero retendo Austrasia.

Teodorico III casou con Clotilde con quen tivo os seguintes fillos: