Pipino o Xiboso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pipino o Xiboso, nado cara o 769 e finado cara o 811, foi o fillo máis vello de Carlomagno coa súa concubina Himiltruda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debido á discapacidade á que fai referencia o seu alcume e á súa posible ilexitimidade nunca foi candidato a herdar o goberno dos francos. Porén, Carlomagno tratábao con prioridade sobre os seus irmáns menores, como era apropiado pola súa primoxenitura. Carlomagno desherdouno formalmente no 780, cando o Papa bautizou ao seu terceiro fillo Carlomán, quen pasou a recibir o nome de Pipino. En 792 o deforme príncipe conspirou cun grupo de nobres descontentos para mataren a Carlomagno, á súa esposa e aos seus tres fillos, coa fin de que o Xiboso conseguise o trono, converténdose así nun monicreque dos nobres. O golpe fracasou e Carlomagno condenou a morte a todos os conspiradores agás ao seu fillo, quen foi desterrado ao mosteiro de Prüm, onde faleceu 19 anos despois.