Campionato do Mundo de Atletismo 2007
O Campionato do Mundo de Atletismo de 2007 celebrouse na cidade xaponesa de Osaca dende o 24 de agosto ao 2 de setembro de 2007, no estadio de Nagai. Foi a undécima edición dos mundiais de atletismo, dende a súa creación en Helsinqui en 1983. Foi ademais a segunda edición dos mundiais en Asia, e tamén a segunda en Xapón, logo de Toquio (mundiais de 1991). Competiuse en 47 disciplinas, 24 masculinas e 23 femininas.
A mascota do evento, chamada Traffie, é unha labarada azul ao estilo do manga e representa a enerxía e vitalidade do pobo xaponés. O nome deriva das palabras inglesas track e field, que é o nome co que se coñece o atletismo. O logotipo oficial está baseado na aparencia dun cronómetro dixital, O:SA’KA’’ 2007, onde o O representa as horas, SA os minutos e KA os segundos.
A designación de Osaca anunciáraa a IAAF o 16 de novembro de 2002, logo de que as outras cidades concorrentes Budapest e Berlín retirasen as súas candidaturas.
Índice |
[editar] Participantes
Nos mundiais de 2007 participaron 1.981 atletas (1.051 homes e 930 mulleres) de 203 federacións distintas. Esta cifra supuxo un record, aumentando en 99 atletas e 7 federacións a cifra dos mundiais de Helsinqui 2005.
Galicia non competiu con selección de seu, senón integrada na de España. Outros países e territorios sen recoñecemento oficial completo que si participaron nestes mundiais foron Palestina, Taiwán, Xibraltar, Anguila, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Estadounidenses, Turks e Caicos, Guam, Illas Marianas do Norte, Illa Norfolk, Polinesia Francesa e Samoa Americana.
[editar] Participación galega
O único atleta galego nos Mundiais de Osaca foi o ourensán Santi Pérez, que competiu na marcha de 50 quilómetros. Despois de liderar a proba durante o seu primeiro terzo, retirouse no km 22.
[editar] Resultados
| Proba | |||
|---|---|---|---|
| 100 m mulleres | Veronica Campbell • 11"01 |
Lauryn Williams • 11"01 |
Carmelita Jeter • 11"02 |
| 100 m homes | Tyson Gay • 9"85 |
Derrick Atkins • 9"91 |
Asafa Powell • 9"96 |
| 100 m valados mulleres | Michelle Perry • 12"46 |
Perdita Felicien • 12"49 |
Delloreen Ennis-London • 12"50 |
| 110 m valados homes | Liu Xiang • 12"95 |
David Payne • 12"99 |
Terrence Trammell • 13"02 |
| 200 m mulleres | Allyson Felix • 21"81 |
Veronica Campbell • 22"34 |
Susanthika Jayasinghe • 22"63 |
| 200 m homes | Tyson Gay • 19"76 |
Usain Bolt • 19"91 |
Wallace Spearmon • 20"05 |
| 400 m mulleres | Christine Ohuruogu • 49"61 |
Nicola Sanders • 49"61 |
Novlene Williams • 49"61 |
| 400 m homes | Jeremy Wariner • 43"45 |
LaShawn Merritt • 43"96 |
Angelo Taylor • 43"32 |
| 400 m valados mulleres | Jana Rawlinson • 53"31 |
Iulia Pechénquina • 53"50 |
Anna Jesien • 53"92 |
| 400 m valados homes | Kerron Clement • 47'61" |
Félix Sánchez • 48'01" |
Marek Plawgo • 48'12" |
| 4x100 m mulleres | Williams, Felix • 43"01 Barber, Edwards |
Brooks, Stewart • 42"98 Facey, Campbell |
Borlee, Mauriën • 42"75 Ouédraogo, Gevaert |
| 4x100 m homes | Patton, Spearmon • 37"78 Gay, Dixon |
Anderson, Bolt • 37"89 Carter, Powell |
Malcolm, Pickering • 37"90 Devonish, Lewis-Francis |
| 800 m mulleres | Janeth Jepkosgei • 1'56"04 |
Hasna Benhass • 1'56"99 |
Mayte Martínez • 1'57"62 |
| 800 m homes | Alfred Kirwa Yego • 1'47"09 |
Gary Reed • 1'47"10 |
Iuri Borsacovsqui • 1'47"39 |
| 1500 m mulleres | Mariam Iusuf Iamal • 3'58"75 |
Ielena Soboleva • 3'58"99 |
Irina Lixchinsca • 4'00"69 |
| 1500 m homes | Bernard Lagat • 3'34"77 |
Raxid Ramsi • 3'35"00 |
Shedrack Kibet Korir • 3'35"04 |
| 4x400 m mulleres | Trotter, Felix • 3'18"55 Wineberg, Richards |
S. Williams, Lloyd • 3'19"73 Prendagast, N. Williams |
Ohuruogu, Okoro • 3'20"04 McConnell, Sanders |
| 4x400 m homes | Merritt, Taylor • 2'55"56 Williamson, Wariner |
Moncur, Mathieu • 2'59"18 Williams, Brown |
Plawgo, Dabrowski • 3'00"05 Marciniszyn, Kozlowski |
| 3000 m valados mulleres | Iecaterina Volcova • 9'06"57 |
Tatyana Petrova • 9'09"19 |
Eunice Jepkorir • 9'20"09 |
| 3000 m valados homes | Brimin Kiprop Kipruto • 8'13"82 |
Ezekiel Kemboi • 8'16"94 |
R. Kipkemboi Mateelong • 8'17"59 |
| 5000 m mulleres | Meseret Defar • 14'57"91 |
Vivian Cheruiyot • 14'58"50 |
Priscah J. Cherono • 14'59"21 |
| 5000 m homes | Bernard Lagat • 13'45"87 |
Eliud Kipchoge • 13'46"00 |
Moses Ndiema Kipsiro • 13'46"75 |
| 10000 m mulleres | Tirunesh Dibaba • 31'55"41 |
Elvan Abeylegesse • 31'59"40 |
Kara Goucher • 32'02"05 |
| 10000 m homes | Kenenisa Bekele • 27'05"90 |
Sileshi Sihine • 27'09"03 |
Martin Irungu Mathathi • 27'12"17 |
| Marcha de 20 km mulleres | Olga Canisquina • 1'30"09 |
Tatiana Xemiaquina • 1'30"42 |
María Vasco • 1'30"47 |
| Marcha de 20 km homes | Jefferson Pérez • 1:22:20 |
Franciso Fernández • 1:22:40 |
Hatem Ghoula • 1:22:40 |
| Marcha de 50 km homes | Nathan Deakes • 3:43'53" |
Yohan Diniz • 3:44'22" |
Alex Schwazer • 3:44'38" |
| Maratón mulleres | Catherine Ndereba • 2:30'37" |
Chunxiu Zhou • 2:30'45" |
Reiko Tosa • 2:30'55" |
| Maratón homes | Luke Kibet • 2:15'59" |
Mubarak Hassan Shami • 2:17'18" |
Viktor Röthlin • 2:17'25" |
| Salto de lonxitude mulleres | Tatiana Lebedeva • 7,03 m |
Liudmila Colchanova • 6,92 m |
Tatiana Cotova • 6,90 m |
| Salto de lonxitude homes | Irving Saladino • 8,57 m |
Andrew Howe • 8,47 m |
Dwight Phillips • 8,30 m |
| Triplo salto mulleres | Yargelis Savigne • 15,28 m |
Tatiana Lebedeva • 15,07 m |
Hrisopií Devetsí • 15,04 m |
| Triplo salto homes | Nélson Évora • 17,74 m |
Jadel Gregório • 17,59 m |
Walter Davis • 17,33 m |
| Salto de altura mulleres | Blanka Vlašic • 2,05 m |
Antonietta Di Martino • 2,03 m |
Anna Chicherova • 2,03 m |
| Salto de altura homes | Donald Thomas • 2,35 m |
Iaroslav Ribacov • 2,35 m |
Quiriacos Ioanu • 2,35 m |
| Salto con pértega mulleres | Ielena Isinbaeva • 4'80 m |
Katerina Badurová • 4'75 m |
Svetlana Feofanova • 4'75 m |
| Salto con pértega homes | Brad Walker • 5,86 m |
Romain Mesnil • 5,86 m |
Danny Ecker • 5,81 m |
| Lanzamento de peso mulleres | Valerie Vili • 20,54 m |
Naxeia Ostapchuk • 20,48 m |
Nadine Kleinert • 19,77 m |
| Lanzamento de peso homes | Reese Hoffa • 22,04 m |
Adam Nelson • 21,61 m |
Andrei Mighnevich • 21,27 m |
| Lanzamento de disco mulleres | Franka Dietzsch • 66,61 m |
Daria Pixchalnicova • 65,78 m |
Yarelis Barrios • 63,90 m |
| Lanzamento de disco homes | Gerd Kanter • 68,94 m |
Robert Harting • 66,68 m |
Rutger Smith • 66,42 m |
| Lanzamento de martelo mulleres | Betty Heidler • 74,76 m |
Yipsi Moreno • 74,74 m |
Wenxiu Zhang • 74,39 m |
| Lanzamento de martelo homes | Ivan Tsighan • 83,63 m |
Primož Kozmus • 82,29 m |
Libor Charfreitag • 81,60 m |
| Lanzamento de xavelina mulleres | Barbora Špotáková • 67,07 m |
Christina Obergföll • 66,46 m |
Steffi Nerius • 64,42 m |
| Lanzamento de xavelina homes | Tero Pitkämäki • 90,33 m |
Andreas Thorkildsen • 88,61 m |
Breaux Greer • 86,21 m |
| Héptatlon mulleres | Carolina Klüft • 7.032 puntos |
Liudmila Blonsca • 6.832 puntos |
Kelly Sotherton • 6.510 puntos |
| Décatlon homes | Roman Šebrle • 8676 puntos |
Maurice Smith • 8644 puntos |
Dmitri Carpov • 8586 puntos |
[editar] Medalleiro
| Posto | País | Total | |||
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 14 | 4 | 8 | 26 | |
| 2 | 5 | 3 | 5 | 13 | |
| 3 | 4 | 8 | 4 | 16 | |
| 4 | 3 | 1 | 4 | ||
| 5 | 2 | 1 | 2 | 5 | |
| 6 | 2 | 1 | 3 | ||
| 7 | 2 | 2 | |||
| 8 | 1 | 6 | 3 | 10 | |
| 9 | 1 | 2 | 3 | ||
| 10 | 1 | 1 | 3 | 5 | |
| 11 | 1 | 1 | 1 | 3 | |
| 1 | 1 | 1 | 3 | ||
| 1 | 1 | 1 | 3 | ||
| 14 | 1 | 1 | 2 | ||
| 15 | 1 | 1 | |||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 23 | 2 | 1 | 3 | ||
| 24 | 2 | 2 | |||
| 2 | 2 | ||||
| 26 | 1 | 2 | 3 | ||
| 27 | 1 | 1 | 2 | ||
| 28 | 1 | 1 | |||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 35 | 3 | 3 | |||
| 36 | 1 | 1 | |||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 |